Xoán Bosco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 91.117.167.145 (conversa); cambiado á última versión feita por Luckas-bot
Liña 4:
==Traxectoria==
===Inicios===
Foi o menor dunha familia labrega [[piamonte|piamontesa]]. Seu pai morreu cando tiña dous anos, polo que súa nai, pobre e analfabeta, fíxose cargo soa da súa educación. Aos 10 anos Xoán se foi da casa porque o seu irmá maior non o deixaba ler nin estudiar enton se foi a unha granxa onde estivo traballando pero tamén estivo estudando para ser sacerdote. Xoán aprendeu a ler cando viviu cunha tía que traballaba na casa dun sacerdote. Aos dezaseis anos ingresou no seminario de Chieri. Tivo que mendigar para soster os seus estudos. Tras ser ordeado diácono, entrou no seminario maior de [[Turín]]. Xa daquela empezou a reunir a nenos que vivían na pobreza e na marxinalidade.
 
San [[Xosé Cafasso]] axudoulle a ver que a súa vocación era atender aos nenos abandoados nun ambiente de [[explotación infantil]] e [[delincuencia xuvenil]] como consecuencia do primeiro [[capitalismo]] industrial do Norte de Italia. Fundou un oratorio festivo e aprendeu acrobacias e malabarismos para estimular aos rapaces.
Liña 12:
Vivindo na indixencia, organizou unha escola nouturna e, debido ao seu éxito, foi fundando outras polos barrios desfavorecidos de Turín. En [[1853]] montou obradoiros de xastrería e zapatería onde os rapaces aprendían o oficio. Combinaba isto cunha labor teimuda e paciente de alfabetización. Acudía tamén ás fábricas onde procuraba que os empresarios asinasen condicións menos duras de traballo. En [[1856]] xa tiña catro obradoiros e unha imprenta. Unha das cuestións máis abraiantes, polo que recibiu moitas críticas, foi que o éxito pedagóxico obtíñao sen castigos nin violencias (foi o denominado [[Sistema Preventivo]] sobre o que escribiría unha obra como alternativa oa sistema represivo).
 
Fomentaba a lectura entre os seus alumnos e colaboradores e o contacto coa natureza e evitaba o castigo e prohibía toda forma de represión ou agresividade. A dureza do seu labor nun entorno difícil, sen medios e con nenos sumamente problémáticos, fixo que nun momento dado ficara cun só colaborador, polo que decidiu adicarse máis concienzudamente á preparación dos futuros axudantes.
 
===Fundación da Orde Salesiana===