Efecto Ferranti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O efecto Ferranti é un aumento na tensión no extremo receptor dunha liña eléctrica de transporte respecto á tensión no extremo xerador, é dicir, produce caídas de tensió..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 20 de xaneiro de 2011 ás 10:38

O efecto Ferranti é un aumento na tensión no extremo receptor dunha liña eléctrica de transporte respecto á tensión no extremo xerador, é dicir, produce caídas de tensión nas liñas de valor negativo. Ocorre cando a liña está pouco cargada ou ben cando a carga está desconectada.

Este efecto débese á indutancia (debida á corrente de carga) e á capacitancia da liña e será maior canto maiores sexan a lonxitude da liña e a tensión aplicada.[1] O aumento de tensión relativo é proporcional ó cadrado da lonxitude da liña.[2] O efecto Ferranti é moito máis intenso en liñas subterráneas debido á súa elevada capacidade, incluso en liñas curtas.

Este fenómeno foi descuberto polo enxeñeiro británico de orixe italiana Sebastian Ziani Ferranti nunha liña eléctrica deseñada por el a finais do século XIX e atribuíuno á interacción dos debandados do transformador coa capacidade do cable.

Referencias