Premios Princesa de Asturias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
lig int
Liña 6:
As deliberacións dos distintos xurados (un por cada premio) comezan no mes de maio, prolongándose ata o de setembro, cando se adoita fallar o Premio dos Deportes. As reunións dos xurados lévanse a cabo durante dous días no [[Hotel da Reconquista]], situado en pleno centro da capital asturiana. O segundo día de deliberacións, o presidente do xurado fai público o fallo.
 
Os premios entréganse no [[Teatro Campoamor]] nunha cerimonia presidida polo [[Príncipe de Asturias]], [[FelipeFilipe de BrobónBorbón e Grecia]] (e desde [[2004]], tamén pola [[Princesa de Asturias]], [[Letizia Ortiz]]).
 
En [[2006]] a Fundación Príncipe de Asturias celebrou o XXV Aniversario dos Premios cun intenso programa de actividades no que participaron personalidades e institucións que ó longo destes anos foron galardoadas cos Premios nalgunha das súas categorías. Dito programa incluíu a celebración de conferencias, debates, concertos e encontros, e foi inaugurada no mes de abril de [[2005]] cun acto no que o científico británico e '''Premio Príncipe de Asturias''' da Concordia [[1989]], [[Stephen Hawking]], pronunciou unha conferencia maxistral.