Diferenzas entre revisións de «Calendario hebreo»

arranxiños
m (r2.5.2) (bot Modificado: ceb:Kalendaryong Ebreo)
(arranxiños)
 
=== Exilio en Babilonia ===
Durante o [[exilio babilónico]], xusto despois do 586 a.C., os xudeus adoptaron nomes [[Babilonia|babilónicos]] para os meses, e algunhas seitas, como os [[esenosesenios]], usaron un calendario solar durante os dous últimos séculos antes de Cristo. O [[calendario babilónico]] foi descendente directo do [[calendario sumerio]].
 
==== Nomes e duración dos meses ====
Unha vez decidido, o principio de cada mes era anunciado primeiro a outras comunidades con sinais de lume, mais dende que os samaritanos e unha facción dos saduceos comezou a acender falsos lumes, enviábase un mensaxeiro ou [[shaliagh]]. A imposibilidade de avisar a comunidades fóra de [[Israel]] ata un día despois levou a comunidades a celebrar festas de dous días no canto de un, tendo así un segundo día de [[diáspora xudía]] pola incerteza de se ese mes tiña 29 ou 30 días.
 
Dende os tempos dos [[Amora|amoraim]] (séculos III a V), os cálculos incrementáronse, como os de [[Samuel o astrónomo]], quen afirmou durante a primeira metade do século III que o ano tiña 365 días, e segundo os "calculadores do calendario" ao redor de 300. Jose, un amora que vivíuviviu durante a segunda metade do século IV, afirmou que o [[Purim]], día 14 do mes de Adar, non podía ser nennin sábado nennin luns, de non ser que o 10 do mes de Tishri ([[Iom Quipur]]) caese en venres ou en domingo. Isto indica un número fixo de días en todos os meses dende Adar ata Elul, implicando tamén que o mes extra xa era o segundo Adar engadido ante o Adar normal.
 
=== Era romana ===
As guerras entre os xudeus e os romanos dos anos 66–73, 115–117, e 132–135 causaron unha grande disrupción na vida xudía, afectando tamén ao calendario. Durante os séculos III e IV, fontes [[Cristianismo|cristiás]] describen o uso de ciclos lunisolares de oito, dezanove e de oitenta e catro anos, todos ligados aos calendarios civís usados por diferentes comunidades da [[diáspora]], quenesquen foron illados do [[Levante]] e do seu calendario oficial. Algúns asignaron festividades xudías aous días do calendario solar, pero outros usaron epacta para especificar cantos días antes das datas importantes do calendario solar comezaban os meses lunares.
 
=== Calendario xudeu alexandrino ===
A tradición popular, dita por primeira vez por [[Hai Gaon]] (†1038), mantén que o calendario continuo moderno era antigamente un segredo coñecido só por uns sabios, o "comité do calendario" e que o patriarca [[Hilel II]] revelou no ano 359 debido á persecución cristiá. Nese ano, o sabio Hilel II perfeccionou os cálculos e métodos coñecidos, e estabeleceu os mecanismos de embolismo do ano utilizados até o día de hoxe, que foron corroborados polas últimas e máis modernas observacións astronómicas. Os devanditos cálculos xa eran coñecidos desde centos de anos atrás, pero até aqueles tempos preferíanse os métodos empíricos para estabelecer o comezo do mes -dúas testemuñas que habían de atestiguar ante o gran Sanedrín que viran o nacente da Lúa- e o comezo da primavera, en base á maduración dos cereais sementados e á chegada do [[equinoccio]] de primavera (o 20 de marzo no hemisferio norte), que é a data en que o día e a noite teñen a mesma duración; mentres que o almanaque era utilizado en caso de impedimentos, como días nubrados.
 
[[Ficheiro:Byzantinischer Mosaizist um 1000 002.jpg|thumb|Flavio Valerio Constantino, chamado [[Constantino]] I o Grande (272 - 337). Mosaico bizantino, igrexa de Santa Sofía, [[EstambulIstambul]] (antes, [[Constantinopla]], na súa honra)]]
 
Crese que a razón pola cal publicou Hilel II o calendario hebreo tal como se utiliza desde os seus tempos até os nosos días provén dunha das decisións tomadas polo Cristianismo no primeiro Concilio de Nicea, celebrado o ano 325, a instancias do emperador [[Constantino I o Grande]]. Segundo a tradición cristiá, [[Xesús de Nazaret]] foi crucificado o Venres Santo, coincidente co venres da Pascua xudía. O Concilio decidiu desvincularse do xudaísmo tamén neste aspecto, e prescindir da necesidade de pescudar ano tras ano, a data exacta da Pascua xudía. Para ese efecto, estipulouse que o primeiro día da Pascua cristiá, o Domingo de Ramos, se celebre o primeiro domingo logo da lúa chea, inmediatamente logo do equinoccio de primavera. Cabe destacar que ao independizar o calendario litúrxico cristián do hebreo, perdeu o primeiro a flexibilidade e o equilibrio que caracterizan a este último, o que terminou causando, co correr dos séculos, o traspaso da Pascua cristiá para o inverno, desfase que houbo de ser corrixido ao cabo dun milenio polo papa [[Gregorio XIII]], por medio do seu calendario gregoriano.
 
De todos os xeitos, a decisión de Nicea espertou o temor entre os xudeus da época, que os cristiáns lles prohibisen anunciar os comezos de mes e os embolismos de cada ano, indispensables para o normal discorrer da vida xudía; e de aí a necesidade dun calendario preestablecido de antemán e aceptado por todas as diásporas do pobo xudeu. Aínda así, o [[Talmud]], que non chegou á súa forma final ata máis ou menos o ano 500, non menciona o calendario continuo nennin nada tan mundano como os ciclos de dezanove anos ou a duración dos meses, aínda que fala das características dos calendarios anteriores.
 
Aínda máis, as datas xudaicas dos tempos post-Talmud (especificamente nos anos 506 e 776) son imposibles coas regras modernas e tamén toda evidencia do desenvolvemento de regras aritméticas do calendario moderno en Babilonia nos tempos dos [[Gueonim]] (séculos VII e VIII), coa maioría das regras modernas ao redor do ano 820, segundo o astrónomo [[Islam|musulmán]] [[Muḥammad ibn Mūsā al-Ghuārizmī]]. Unha diferencia notable era a data da [[época]] (o punto de referencia fixado no ano 1), que nese tempo era un ano despois da época do calendario moderno.
 
==== ControversaControversia acerca da Pascua do 4682 Anno Mundi ====
As regras babilonasbabilonias requirían o retrasoatraso do primeiro día de Tishri cando a lúa nova aparecía tras o mediodía.
 
En 921, [[Aarón ben Meir]], unha persoa descoñecida doutro modo, intentou o retorno da autoridade para o calendario de volta a [[Israel]] afirmando que o primeiro día de Tishri debía ser o día da nova lúa agás se a lúa ocorría máis de 642 partes (35 veces dous terzos de minuto, onde cada "parte" é 1/1080 de hora, 1/18 de minuto ou tres terzos de segundo) tras o mediodía, cando debía ser retrasadoatrasado un ou dous días. Podía estar afirmando que o calendario debería ir acorde coa hora de Xerusalén no canto da de Babilonia. A hora local do [[meridiano]] de Babilonia suponse que ía 642 partes máis tarde que o calendario de [[Xerusalén]].
 
Unha explicación alternativa para as 642 partes é que se a [[Creación]] ocorría en [[outono]], para coincidir coa observación de [[Rosh Hashaná]] (que marca o cambio do ano no calendario), a data calculada para a nova lúa durante os seis días da Creación era o venres ás 14 horas exactamente (contando dende o día anterior comezando ás 6 da tarde). Aínda así, se a Creación en realidade ocorría seis meses antes, na estación da [[primavera]], a nova lúa tería ocorrido ás nove e 642 partes do mércores. Ben Meir puido crer, igual que outros estudiososestudosos xudeus antes ca el, que a creación sucedeu en primavera e que as regras do calendario foron axustadas 642 partes para encaixar na data do outono.
 
Todo o que dicía era rexeitado por [[Saadiá Gaón]]. Só unhas poucas comunidades xudías aceptaron a opinión de ben Meir e incluso eles pronto cambiaron de idea. Contas sobre a controversacontroversia mostran que as regras do calendario moderno (agás as da época) estaban en uso antes de 921.
 
No ano 1000, o cronista musulmán [[al-Biruni]] tamén describiu todas as regras modernas e especificou as tres épocas diferentes usadas por varias comunidades xudaicas diferenciándose por un, dous ou tres anos na época moderna. Finalmente, en 1178 [[Maimónides]] describíudescribiu todas as regras modernas, incluíndo o ano moderno da época.
 
== Cando comeza o ano? ==
Segundo o [[Mishná]] (Rosh Hashaná 1:1), hai catro días que marcan o comezo do ano, con propostas diferentes:
* Os meses están numerados dende o [[Nisán]], reflictindoreflectindo o comezo do [[Éxodo]] 12:2, "Este mes será para vos o comezo dos meses", e Nisán marca o comezo do ano para propósitos civís.
* O día máis comunmente chamado de "Aninovo" está marcado no primeiro día de Tishri, cando o número de ano aumenta en 1 e se celebra o festival de aninovo [[Rosh Hashaná]] .Tamén marca o novo ano para certas leis agrícolas.
* O mes de [[Elul]] comeza o ano para diversas cuestións relacionadas cos animais.
O calendario hebreo non soamente combina o ano solar e o mes lunar, senón que ambos os ciclos complementados han de convivir exitosamente tamén con outro dos legados do calendario dos xudeus ao resto do mundo: o ciclo semanal de sete días.
 
Os días da semana hebrea baséanse nos seis días da Creación, segundo relata o primeiro capítulo do libro da Xénese, sendo o seu nome o mesmo que lles adxudica a Biblia, que son simplemente os nomes dos números ordinais en hebreo, do primeiro ao sexto -denominación que se conserva no idioma portugués, salvo o domingo; pero que se perdeu na maioría das linguas occidentais, que adoptaron nomes de deidades pagás para os días da semana- e no sétimo día, no que Deus descansou do seu labor (Xénese 2:1-3): o Shabat, do hebreo, shabbat, descanso; nome que foi adoptado por unha boa parte das linguas (castelán sábado, francés samedi, italiano sábato, portugués sábado, catalán dissabte, alemán Samstag, polaco sobota, grego sávvato, árabe asSabt, indonesio sabtu, rumanoromanés sâmbt). Así pois, e baseándose no relato bíblico, comeza a semana hebrea o día domingo ("yom rishón", "o día primeiro"), e non o luns como no mundo cristián, e culmina o sábado, o día consagrado ao descanso.
 
O ciclo hebdomadario, e moi especialmente a santidade da festividade do Sábado -que se considera a máis sagrada das celebracións xudías, superada tan só polo Yom Kipur ou Día do Perdón, precisamente denominado tamén "Sábado de Sábados"- impón outra serie de axustes ao calendario hebreo, que debe de adaptarse ás necesidades derivadas do Sábado en primeiro lugar, e logo doutras festas e ritos xudeus.
 
=== Medida das horas ===
Cada hora está dividida en 1080 ''ghalaquim'' ou partes. Unha parte é 3<sup>1</sup>/<sub>3</sub> segundos ou <sup>1</sup>/<sub>18</sub> de minuto. O ancestrodevanceiro último do ''helec'' era un pequeno período de tempo babilónico chamado ''mazaroca de orxo'', equivalente a <sup>1</sup>/<sub>72</sub> dun ''grado de tempo'' babilónico (1° de retaciónrotación celeste). En realidade, a mazaroca de orxo ou ''ela'' era o nome aplicado á máis pequena das unidades de Babilonia, tanto de lonxitude, de área, de volume, de peso, de ángulo, ou de tempo. Pero ao redor do século XII ese significado fora esquecido, causando que [[Maimónides]] especulase e dixese que había 1080 partes nunha hora porque ese número era divisible por todos do un ao dez salvo o sete. Pero o mesmo se pode dicir do 360. Os días da semana que comezan en domingo (día 1) continúan ata o sábado (día 7). Xa que algúns cálculos usan a división, o 0 significa sábado.
 
Mentres que o cálculo dos días, meses e anos estaba baseado en horas fixas iguais a 1/24 dun día, o comezo de cada día ''ghalaquic'' estaba baseado na hora local do [[solpor]]. A fin do [[Shabat]] e outras [[Festas xudías|festividades xudías]] parten da anoitecida (''Tseis Ghacocavim'') que ocorre algo despois do solpor, normalmente de 42 a 72 minutos. Segundo Maimónides, a noite comeza cando tres estrelas de tamaño medio son visibles tras o solpor. No século XVII estas convertéranse en tres estrelas de segunda magnitude. A definición moderna é que comeza cando o centro do sol é 7° baixo o horizonte xeométrico (sen aire), máis tarde do crepúsculo civil dos 6°. O comezo do tempo diúrno para cada día está determinado pola [[amencer|alba]] e polo [[nacer do sol]] (non confundir os dous termos, o primeiro significa que comeza a haber luminosidade, o segundo que o sol aparece). A maioría dos tempos ''ghalaquic'' están baseados en combinacións deses catro tempos e varían de día en día ao longo do ano significativamente dependendo do lugar. as horas de luz normalmente se dividen en ''Shaos Dsemaniios'' ou ''horas Ghalaquic'' tomando o tempo entre o amencer (nacer do sol) e solpor ou entre a alba e o anoitecer divididas en 12 horas iguais. As horas máis temperás e tardías para os servizos xudeus, a última comida de [[Camets]] o día antes da [[Pascua]] e moitas outras regras están baseadas no ''Shaos Tsemaniios''. Por conveniencia, o día que usa o ''Xaos Dsemaniios'' é normalmente acordado como se o solpor fose ás 6:00pm, o amencer ás 6:00am e cada hora igualo á convida. Aínda así, por exemplo, o [[mediodía]] ''ghalaquic'' pode ser despois da 1:00pm nalgunhas áreas durante os períodos de aforro de luz diurnadiúrna.
 
=== Medida dos "molads" (conxuncións lunares) ===
[[Ficheiro:A Seder table setting.jpg|thumb|Celebración da Pascua xudía, ''[[Pésagh]]'', na mesa do tradicional ''Séder'']]
 
Os 265 días dende o primeiro día do mes de 29 días de adar (o décimosegundodécimo segundo mes ou o décimoterceirodécimo terceiro, adar II, nos anos bisestos) ata o 29 de heshván forman un período fixado que ten todos os festivais especificados na Biblia, como a [[Pascua]] (15 de nisán), o [[Shavuot]] (6 de siván), o [[Rosh Hashaná]] (1 de tishri), o [[Iom Quipur]] (10 de tishri), o [[Sucot]] (15 de tishri), e o [[Shemini Atseret]] (22 de tishri).
 
O período festivo dende a Pascua ata o Shemini Atseret (inclusive) é de exactamente 185 días. O tempo dende o día tradicional do ''[[equinoccio]] de primavera'' ata o día tradicional do ''equinccio[[equinoccio de outono]]'' (inclusive) tamén ten 185 días. Isto causou especulacións sobre se a Pascua debía ser o [[21 de marzo]] e o Shemini Atseret o [[21 de setembro]], os días tradicionais dos equinoccios. Como o día hebreo comeza co solpor, o ano hebreo comeza no (Rosh Hashaná) de outono, aínda que a non coincidencia dos anos solares e lunares finalmente o move a outra estación se o calendario moderno fixado non é movido á súa forma orixinal de ser xulgado polo Sanedrín (que require o [[Beit Hamicdash]])
 
=== Interpretación caraíta ===
A medida media do mes de acordo co calendario é correcta nunha fracción de segundo (aínda que meses individuais poden ser unhas horas maiores ou menores á media). Deste modo non haberá erros importantes por moito tempo. Aínda así, asumir que 19 anos tropicais equivalen a 235 meses é incorrecto, así que a medida media do ciclo de 19 anos é demasiado longa (comparada cos 19 anos tropicais) por 0'088 días ou por só 2 horas. Así, o calendario desacompásase de media con respecto ao ano tropical nun día cada 216 anos. Se a intención do calendario é que a Pascua caia na primeira lúa chea tras o equinoccio de primavera, isto seguirá sendo así na maioría dos casos, pero, no presente, tres días de cada 19 anos a Pascua é un mes máis tarde segundo este criterio (como en 2005). Claramente, este problema empeorará co tempo e se o calendario non é arranxado, a Pascua e os outros festivais serán desprazados un ciclo completo en 79'000 anos.
 
Como o ciclo de 19 anos (e todos os aspectos do calendario) está na lei xudía, só sería posible cambialo se se convoca o [[Sanedrín]]. É sabido tradicionalmente que isto pasará coa chegada do [[Mesías xudeu|Mesías]], que marcará o comezo da [[escatoloxía xudía|era da redención]] segundo di a tradición. Teoricamente, se a lei puidese ser modificada, unha solución sería poñer no lugar do ciclo de 19 anos, un ciclo de 334 anos e 4.131 fases lunares. Este ciclo ten un erro de só un día en 11.500 anos. Aínda así, isto sería imposible de poñer en práctica. Máis aínda, non se podería facer unha regra matemática fixa a perpetuidade porque a lonxitude dos meses e anos tropicais cambian lentamente. Outra posibilidade é a de calcular o tempo aproximado do equinoccio de primavera e ter un ano bisesto se e só se doutro xeito a Pascua tería lugar antes do equinoccio de primavera. Ideas similares úsanse no [[calendario chinés]] e en algúns [[calendario Hindú|calendarios hindúeshindús]].
 
== Véxase tamén ==
52.366

edicións