Rock and roll: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
m elimino contido que non se adapta ao artigo.
Cheluco (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
{{Atención|O artigo non se acaba de centrar no rock and roll e hai contidos sobre o rock en xeral}}
[[Ficheiro:Elvis Presley 1970.jpg|thumb|Elvis Presley]]
O '''rock and roll''', ou '''rock'n'roll''' ou simplemente '''rock''' é un xénero musical orixinado na década de 1950, a partir do chamado [[rhythm and blues]], música negra estadounidense.
 
== Historia e características ==
 
As diferenzas do Rock coas músicas das que provén, ([[Country]] e [[Blues]], son mais de énfase e de actitude que puramente musicais. A finais dos cuarentacorenta comezaron a aparecer fusións entre os dous estilos, "Moving all over" ([[Hank Williams]], 1947) e "Rocket 88" (Jackie Brenston, 1951) poden ser consideradas mostras seminais de Rock, pero até que aparece a rebelión xuvenil, os tupés e o sexo entre adolescentes, a poder ser no asento traseiro dun automóbel, non se pode falar de Rock.
 
Por primeira vez os mozos non querían levar a vida dos seus pais e facían desta diferenza unha cuestión cultural, o rock canalizouna, deulle nome, serviulle de trilla sonora e moito mais que é difícil de comprender hoxe. Como ben dixo [[John Lennon]], antes de [[Elvis Presley]] non habia nada. A continuidade vese tamén en que a formación clásica do rock é aquela do Blues eléctrico de Chicago da que evoluiu principalmente: Voz, duas [[guitarra]]s, [[baixo]] e [[batería]]. Pese a tantas cousas en común non se pode falar do rock como un blues tocado por brancos, ao blues faltáballe o caráter explosivo e as gañas de viver que transmiten desde os primeiros discos de [[Rockabilly]] até os [[Sex Pistols]].