Amoeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: ja:アモエイロ
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 38:
Ten un terreo chan e fértil, con fragas de [[piñeiro]]s e [[eucalipto]]s. Conta cun couto cinexético e cunha zona de pesca no [[río Barbantiño]], no que está a [[fervenza do Cachón]].
 
Polo concello discurrediscorre a [[Vía da Prata]] do [[Camiño de Santiago]].
 
==Historia==
Liña 45:
No lugar do Formigueiro hai restos dun castelo medieval, asentado sobre un [[castro (poboado)|castro]], do que quedan vestixios en diversas casas e na igrexa do lugar. O [[castelo do Formigueiro]], documentado xa no [[século XI]], era coñecido primitivamente co nome de Alba de Búbal, de onde procede o topónimo Trasalba.
 
Consérvanse varios templos relixiosos de arquitectura [[románico|románica]], como as igrexas de San Martiño de Cornoces (levantada sobre penas e un antigo castro) , Santa María de Amoeiro, Santiago de Parada e Santa Mariña de Fontefría (no adro da cal se descubríudescubriu un sarcófago de granito anterior ao século XI). Consérvanse restos do [[Mosteiro de San Paio de Bóveda|mosteiro de Bóveda]] (o primeiro construído en Galiza da orde do Císter, na segunda metade do [[século XII]]), o [[mosteiro de Cornoces]] e o [[mosteiro de San Damián]].
 
As terras do concello pertenceron ao señorío da Casa de Vilamarín, e estivo incluído entre as enormes posesións do [[mosteiro de Oseira]], da [[orde do Císter|orde cisterciense]]. Tivo gran produción de gran e pan de trigo, que abastecía ao mercado de [[Ribadavia]], de onde se traía o viño.
Liña 51:
En 1809, durante a [[Guerra da Independencia Española]], os habitantes dos Chaos salvaron o gando dos ataques das tropas [[napoleón]]icas escondéndoo nos habitáculos abovedados soterrados do castelo.
 
Na construción da capela de Sanxiao foron utilizadas dúas pedras decoradas procedentes dun poboado castrexo cercano (este tipo de restos atópanse tamén noutras construcciónsconstrucións da aldea) e na mesma atopamos unha das únicas aras romanas da provincia reutilizadas como pila bautismal.
 
Do patrimonio civil consérvanse [[pazo]]s e [[casa grande|casas grandes]] coma a dos Mirandas (Parada), Coto Martín (Bóveda), Reinoso (Cornoces), San Damián (Abruciños), Gaión (Amoeiro) e a [[casa de Cima de Vila]] en Trasalba, casa natal de [[Ramón Otero Pedrayo]]. Pola ponte de San Fiz, sobre o río Barbantiño, no límite co concello de Maside, pasaba o camiño real de Ourense cara a Pontevedra. O forno comunal de Sabariz ten gran valor etnográfico.