Diferenzas entre revisións de «Universidade de Madrid»

m
sen resumo de edición
m (r2.5.2) (bot Engadido: es:Universidad de Madrid; cambios estética)
m
'''Universidade de Madrid''' ou '''Universidade Central''' foron os nomes que tomou a Universidade de [[Madrid]] cando se pechou a [[Universidade de Alcalá]], e os seus estudos foron trasladados á cidade de [[Madrid]], a mediados do [[século XIX]]. Mediante Real Orde da [[María Cristina de Borbón-Dos Sicilias|Raíña Rexente]] de [[29 de outubro]] de [[1836]], decretouse o comezo do traslado a Madrid dos estudos. A universidade de Madrid denominouse nun principio '''Universidade Literaria''' e en 1851, Universidade Central.
 
== Historia e características ==
A Universidade Central ten a súa orixe na mentalidade renovadora liberal que pretendía dar fin aos ensinos tradicionais nas universidades do [[Antigo Réxime]]. Nun primeiro momento instálase no edificio do Seminario de Nobres da rúa Princesa, pasando posteriormente ao Convento de las Salesas nuevas na rúa de San Bernardo. En 1842 confírmase o antigo Noviciado de Xesuítas como o asentamento definitivo da Universidade Central de Madrid; na actualidade, este edificio alberga ao [[Instituto de España]], o organismo que reúne ás Reais Academias. O primeiro proxecto de adaptación do Noviciado ao seu novo uso como Universidade Central é de [[Francisco Javier Mariategui]]; tras a súa morte foi substituído por [[Narciso Pascual y Colomer]], a quen se debe a realización do Paraninfo, construído en 1852 aproveitando os muros da antiga igrexa das xesuítas.
 
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Universidade Complutense de Madrid]].
 
44.545

edicións