Diferenzas entre revisións de «Carl Schmitt»

+ info
(+ contido)
(+ info)
==Traxectoria==
Schmitt foi un dos principais ideólogos do [[Movemento Revolucionario Conservador]] de Alemaña. Adscrito á escola do [[Realismo político]] e á teoría da orde xurídica, escribiu centrado no [[conflito social]] como obxecto de estudo da [[ciencia política]], e máis concretamente a [[guerra]]. A súa obra atravesa os avatares políticos do seu país e de Europa no século XX. Militou no [[Partido Nazi]], pero as ameazas das [[SS]], que o consideraban un advenedizo, apartárono do primeiro plano da vida pública.
 
===Relación con Galicia===
A súa filla Anima Schmitt casou en [[1957]] co profesor de dereito compostelán [[Alfonso Otero Valera]].
 
En [[1962]] [[Manuel Fraga]] noméao "Membro de Honra" do Instituto de Estudios Políticos de España.
 
==Pensamento==
Schmitt distingue entre [[política]] e [[Estado]]: Toda vida en sociedade (con ou sen Estado, que é un fenómeno histórico) implica o político. Separa rigorosamente a política da [[economía]], o [[dereito]], do social e do moral. O criterio distintivo do político é a discriminación entre o amigo e o inimigo; esta non é unha definición, senón unha relación existencial, un signo de identificación. O inimigo político é sempre público e defínese como unha comunidade de intereses e de acción que se enfronta (polo menos virtualmente) con outro grupo da mesma natureza. Un pobo ten existencia política cando pode designar ao inimigo.
 
O ámbito político onde se revela a lóxica que opón o amigo ao inimigo é a [[guerra]]. A política está no momento decisivo en que se designa ao inimigo. A decisión política, que é a acción da autoridade soberana, consiste nesa designación. O soberano é aquel que decide politicamente, fora de toda norma, e dispón da vida física dos homes.
 
O decisionismo de Carl Schmitt é unha das teorías máis importantes do século XX. Oposto ao [[normativismo]] de [[Hans Kelsen]], inspirou aos teóricos [[René Capitant]] e [[Julien Feund]].
 
===Relación con Galicia===
A súa filla Anima Schmitt casou en [[1957]] co profesor de dereito compostelán [[Alfonso Otero Valera]].
 
En [[1962]] [[Manuel Fraga]] noméao "Membro de Honra" do Instituto de Estudios Políticos de España.
 
{{DEFAULTSORT:Schmitt, Carl}}
100.470

edicións