Historia de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Liña 153:
{{AP|Camiño de Santiago}}
[[Ficheiro:Saint James the Greater 2.jpg|thumb|right|200px|Estatua borgoñona do século XV na que se representa ao apóstolo Santiago, vestido como peregrino.Metropolitan Museum of Art.]]
Foi a comezos do [[século IX]], e concretamente no ano [[813]] cando tivo lugar o acontecemento relixioso máis importante da [[Europa]] [[cristianismo|cristiá]] [[Idade Media|medieval]], o descubrimento en Galicia, dunha arca cuxos restos foron atribuidos ao [[Apóstolo Santiago]]. Segundo a tradición cristiá, nese ano un ermitaño alviscou nas inmediacións do castro Libredón (antiga [[Compostela]]) unha estrela sobre unha arca de mármore. Avisado o bispo de [[Iria Flavia]], [[Teodomiro (bispo)|Teodomiro]], este acudiu axiña ao lugar, identificando os restos atopados como o corpo decapitado do [[Apóstolo Santiago]]. Mito ou realidade, este "descubrimento" foi acto seguido, atendido polo monarca galego-ovetense, [[Afonso II de Oviedo|Afonso II]] ([[791]]-[[842]]), quen no mesmo ano ordeaba edificar unha igrexa arredor da tumba "santa", espallando a nova por toda a [[cristiandade]] europea. A [[Diocese de Iria]] e o seu titular, convertíronse nas máis poderosa administración eclesiástica non só da [[Gallaecia]] altomedieval, senón de toda a península ibérica, acrecentando o seu poder coas constantes doazóns por parte dos monarcas, á igrexa compostelá. Convertida no terceiro centro de peregrinación da [[Cristiandade]] -só—só despois de [[Xerusalén]] e [[Roma]], foi apartires do [[século XI]] e principalmente XII, cando desde numerosos puntos de Europa comecen a chegar peregrinos, ben desde [[Occitania]], [[reino de Francia|Francia]], [[reino de Navarra|Navarra]] ou [[Aragón]]-[[Cataluña]] vía terrestre, ben desde as [[Illas Británicas]], [[Escandinavia]], ou [[Alemaña]] vía marítima. O fenómeno xacobeo, foi decisivo na conformación cultural-económica do [[reino de Galicia]], debedor en gran medida ao auxe conseguido durante a titularidade de [[Diego Xelmírez]] ([[1100]]-[[1136]]) convertíndo a Compostela en sé metropolitana (ano [[1122]]), a máis importante dignidade de todo Occidente despois de [[Roma]]. Arredor do sepulcro apostólico, medrou non só unha catedral -centro—centro artístico-relixioso de primeira magnitude-magnitude— senón unha vila e posteriormente unha cidade, perfectamente establecida na [[Baixa Idade Media]], cunha actividade comercial derivada da súa condición de cidade santa, onde se coroarían [[lista de monarcas de Galicia|reis galegos]], onde medraría a gran escola [[lírica galego-portuguesa|galego-portuguesa]], e onde reside desde a [[Idade Media]] a capital de [[Galicia]]. Os estudos histórico-arqueolóxicos levados a cabo no [[século XX]] na propia catedral, revelaron non obstante, que desde época galaico-romana e [[reino suevo|sueva]], [[Compostela]] fora un lugar relevante onde xa se soterraban importantes dignidades civís ou relixiosas moito antes do ano [[813]], o que motivou a diversos especialistas a defender que o corpo atribuido ao [[apóstolo Santiago]] fora en realidade o de [[Prisciliano]], patriarca da igrexa galega, decapitado en [[Tréveris]] no ano [[385]].
 
===As invasións escandinavas e viquingas (844-1038)===