Club Deportivo Moaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
marco con atención
lig int; retiro info duplicada
Liña 1:
{{atención|artigo con problemas de estilo e neutralidade}}
 
O '''Club Deportivo Moaña''' é un equipo de [[fútbol]] de [[Moaña]], fundado en [[1977]]. Actualmente xoga na [[Primeira Autonómica de Galicia|Primeira División Autonómica]].
 
==Historia==
Logo de varios anos sen equipo de fútbol na vila, xuntáronse políticos, empresarios e veciños para formar un club. Despois de varias xuntanzas formouse unha xunta directiva, encabezada por [[Antonio Verde Eiroa]], finalmente elixido 1º presidente do club. Tras solicitar ó alcalde [[Sebastián Juncal Currás]], o concello cedeu uns terreos na Xunqueira para o campo de xogo e unha cantidade económica para o seu peche no lateral lindeiro coa estrada [[C-550]]. Acordouse tamén incluír os vestiarios, as duchas e o local social. Así mesmo, decidiuse que a vestimenta do equipo fose camisola azul celeste, pantalón branco e medias azul celeste.
Liña 7 ⟶ 8:
Os estatutos redactáronse o 3 de xuño de 1977, presentándose o día 16 dese mes á [[Federación Galega de Fútbol]]. Foron aprobados o 1 de setembro dese ano, sendo inscrito no Rexistro Nacional de Clubs e Sociedades Deportivas co nº 10.084.
 
O 24 de agosto de 1977, día de Samertolameu, inaugurouse o Campo de Fútbol Municipal da Xunqueira coa celebración do 1º Trofeo Vila de Moaña. O equipo visitante foi o e o equipo elixido para enfrontarse o C. D. Moaña foi o [[Alondras Club de Fútbol|Alondras CF]] de [[Cangas]] que naquela tempada militaba na Rexional Preferente. O encontro rematou coa vitoria do equipo visitante.
 
A finais de outubro de 1977, por iniciativa da directiva, procedeuse ó peche total do Campo da Xunqueira, pois ata entón só contaba con peche a zona norte. A xunta directiva solicitou a colaboración ós afeccionados e ó pobo en xeral para poder levar a cabo o valado da zona sur, lindeira coa praia da Xunqueira.