Lucio Urtubia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
LucienBOT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: de:Lucio Urtubia
m Corribot: Cambiando: "bah?a" -> "baía".; cambios estética
Liña 2:
'''Lucio Urtubia Jiménez''', nado en [[Cascante]] ([[Navarra]]) o [[18 de febreiro]] de [[1931]], é un albanel e militante [[anarquismo|anarquista]]. Considerado como o último dos "bandidos bos", foi definido como un "[[Robin Hood]]", como un Quixote; aínda que en palabras de [[Albert Boadella]] "Lucio es un Quijote que no luchó contra molinos de viento, sino contra gigantes de verdad".
 
== Biografía ==
Lucio Urtubia naceu en Cascante nunha familia moi pobre de 5 irmáns, dentro da Navarra [[Carlismo|carlista]]. O seu pai entrou no cárcere por carlista e saíu convertido en comunista. Con 19 anos Lucio oíu da súa boca por vez primeira vez a palabra que marcaría a súa vida: "Si pudiera volver a empezar, sería anarquista".
 
Liña 11:
Ó pouco tempo de vivir en París pedíuselle que escondese a un membro do [[Maquis (guerrilla antifranquista)|maquis]] antifranquista na súa casa. O refuxiado resultou ser o mítico [[Quico Sabaté]], co que compartiu casa durante varios anos, ata a morte deste:
{{Cita|Para Lucio, Quico era su dios, su maestro del anarquismo|Bernard Thomas}}
Sabaté facilitoulle enderezos de familias e libertarios exiliados en [[Toulouse]], [[Perpignan]], París e de membros que seguían en activo da antiga [[CNT]] española en [[Barcelona]], [[Zaragoza]], [[Madrid]] e [[Pamplona]]. Lucio, ante a detención e encarceramento de Quico, empezou a emulalo realizando incursións en territorio español; posteriormente emprendeu unha serie de roubos e atracos por Europa, para conseguir fondos para a causa revolucionaria, acompañado pola súa inseparable metralladora Thompson, herdada de Sabaté á morte deste.<br />
Máis tarde abandonaría estas actividades "por miedo a hacerle daño a los empleados de los bancos".
 
Xa anteriormente comezara a súa actividade de falsificador, de maneira que non había guerrilleiro ou exiliado político que non tivese documentos falsos saídos da man de Lucio. Uniuse con outros compañeiros libertarios nos anos 60 para falsificar moeda, coa que financiaban a numerosos grupos por todo el mundo, á vez que procuraban desestabilizar as economías capitalistas. Subseguintemente con estas actividades, en plena invasión da [[Invasión de BahíaBaía de Cochinos|BahíaBaía de Cochinos]], propuxo á embaixadora de [[Cuba]] en [[Francia]], [[Rosa Simeón]], destruir con explosivos intereses estadounidenses en [[Francia]], ó que esta se negou. Porén, resultou tentada coa proposta que lle fixo de falsificación masiva de dólares americanos, dos que lle levaba unha mostra. Foi entón cando a embaixadora mediou para presentarlle ó [[Che Guevara]] en 1962, ó que lle presentou o seu plan de falsificación a gran escala de dólares, sendo rexeitado por el mesmo, á sazón Ministro de Interior da Revolución Cubana. Saíu Lucio desencantado da reunión, o Che dixéralle que os EE.UU. seguirían sendo ricos malia todo, decatándose de que o revolucionario [[Arxentina|arxentino]] empezaba a estar cansado do rumbo que tomaba a política na illa.
 
O seu golpe mestre e que lle cambiou a vida foi a falsificación de cheques do [[City Bank]], dos que realizou 8.000 follas de 25 cheques de 100 dólares cada un, co que estivo a piques de facer quebrar o banco, que sofriu unha importante caída na súa cotización en bolsa. Este diñeiro foi empregado, como sempre, na axuda de movementos guerrilleiros en Latinoamérica ([[Tupamaros]], [[Montoneros]], etc.), á vez que conseguía axeonllar ó banco. Malia a espectacularidade da falsificación, só foi condenado a 6 meses de cárcere, mercede á axuda que lle prestaron case tódolos avogados progresistas de [[Francia]], e a un acordo extraxudicial co City Bank, que foi forzado a retirar os cargos a cambio das planchas de gravación.
Liña 22:
Sempre defendeu o traballo. "somos albañiles, pintores, electricistas, no necesitamos el estado para nada"; "si el paro y la marginación crearan revolucionarios, los gobiernos habrían acabado ya con el paro y la marginación".
 
== Cultura popular ==
No ano 2007 estrenouse ''[[Lucio]]'', un documental sobre a súa vida, dirixido polos cineastas vascos [[José María Goenaga]] e [[Aitor Arregi]].
 
== Fontes ==
* Bernard Thomas ''Lucio Urtubia, el anarquista irreductible'' Ediciones B, 2001 ISBN 846660267484-666-0267-4
* Bernard Thomas, traducción de Albertina Rodríguez y Francisco Rodríguez. ''Lucio, l'irréductible''. Suma de letras S.L. ISBN 84-663-0671-4
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.diariodenoticias.com/ediciones/2006/08/02/opinion/d02opi5.658323.php Diario de Noticias de Navarra: Maquis, la penúltima utopía (en castelán)]
* [http://www.moriarti.com/lucio.html Trailer da película sobre Lucio Urtubia, o albanel anarquista (en castelán]