Diferenzas entre revisións de «Cirenaica»

m
Arranxo menor.
(arranxiños)
m (Arranxo menor.)
Os [[Grecia antiga|gregos]] fundaron a colonia de Cirene no [[-630|630 a.C.]]. Logo da súa conquista por [[Alexandre o Grande]] no [[século -IV|século IV a.C.]], foi territorio controlado polo [[Exipto antigo|Exipto]] [[helenístico]]. [[Ptolomeo VIII]] legouna a título persoal a seu fillo [[Ptolomeo Apión]], quen, sen herdeiros e ás portas da morte, a legou á súa vez á [[República Romana]] no [[-96|96 a.C.]]. Roma converteuna nunha provincia xunto coa illa de [[Creta]], inicialmente.
 
Cando os árabes se apoderaron do territorio no [[século VII]] d.C., o desecamento climático e a escasez das reservas de auga despoboaran xa o país, cuxa prosperidade non era máis que un lonxanodistante recordo. O país foi nomeado en [[lingua árabe|árabe]] ''Barqah'' (برقه), adaptación do nome da cidade de [[Berenice]]. Os ''rumis'', os romano-bizantinos, foron expulsados para [[Sicilia]] ou para [[Creta]], ficando o territorio case ermo durante varios séculos. No [[século XIV]], unha mellora nas condicións climáticas permitíu a recolonización humana; pasou a formar parte de Exipto, antes de tornarse nunha provincia do [[Imperio Otomán]], que acabou por unila á [[Tripolitania]].
 
===Época contemporánea===
En [[1911]], [[Italia]] apoderouse da Tripolitania e, en consecuencia, da Cirenaica, logo da [[Guerra italo-turca]], englobándoa na súa colonia de [[Libia]], na que se inclúe desde a independencia deste país.
 
En [[1959]] descubríusedescubriuse petróleo no seu territorio, o que constitúe a base económica actual dos seus habitantes.
 
==Véxase tamén==
2.079

edicións