Emmeline Pankhurst: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 10:
En setembro de [[1914]] estourou a [[Primeira Guerra Mundial]], mais Emmeline coidou que non debía interferir nos esforzos de guerra do país. Os seus pulos por gañar o voto para a muller foron apartados a un lado, centrándose máis ben en animar a coller os traballos deixados polos homes, que tiveran que ir combater. Con apoio de [[David Lloyd George]], Pankhurst organizou un desfile de 30.000 mulleres, empregando 2.000 libras cedidas polo Goberno, para estimular aos empregados a deixar que as mulleres ocupasen os postos da industria. O ''8 de setembro de 1914'', Christabel Pankhurst reapareceu na [[London Opera House]] (Ópera de Londres), logo dun dilatado exilio, para proclamar unha declaración sobre o "Perigo Xermano". Emmeline viaxou polo país, dando arengas a prol do recrutamento. Os seus seguidores colocaban "plumas brancas" a cada mozo que atopaban en traxe civil, e aparecían de súpeto nos mitíns de [[Hyde Park]] con pancartas nas que se lía: "Encarcerémolos a todos" ("Intern Them All"). Cómpre ter en conta que a mobilización de soldados era voluntaria no [[Reino Unido]].
 
Caracteristicamente, a Sra. Pankhurst botou toda a súa enerxía e toda a súa influencia no esforzo, que chamaba do alistamento a prol da guerra. Aínda que non todos os militantes pro-sufraxistas volveronsevolvéronse [[belicista]]s, a influencia da Pankhurst convenceu a moitos a seguila. Envorcado todo o seu esforzo na continuación da guerra, chegou a atinxir extremos de furia, cun [[chauvinismo]] raro de ver en calquercalquera outra asociación feminina.<ref>Pankhurst, Sylvia. ''The Suffragette Movement'', p. 593.</ref></blockquote>
 
O Goberno británico comezou a preparar o dereito de voto para a muller, a través do que entón era o Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda, en marzo de [[1918]]. Mentres a [[Representation of the People Act 1918]] (Lei de representación do pobo, [[1918]]) outorgaba só dereito de voto as mulleres maiores de 30 anos, e ademais con calidades especiais, a diferenza dos homes, os cales podían votar libremente se eran maiores de 21 anos. As sufraxistas non puideron aceptar isto como un gran triunfo. Pero en novembro de 1918, as mulleres maiores de 21 anos acadaron o dereito a ser elixidas para o Parlamento. En [[1928]], por fin, as mulleres obteronobtiveron o mesmo dereito de sufraxio cós homes no [[Reino Unido]].
 
Emmeline Pankhurst faleceu con 69 anos de idade, dez anos despois de ver, con fruición, o seu maior desexo cumprido.