Paco Ibáñez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*soe -> adoita
Toliño (conversa | contribucións)
m *álbume -> álbum
Liña 20:
 
===Problemas co franquismo===
Con motivo do primeiro aniversario da toma estudiantil, o 12 de maio de 1969, realiza un concerto n' [[A Sorbona]]. Un pequeno cartel amarelo realizado polos estudiantes e pegado nas árbores, nos cristais dos cafés, nos corredores das aulas, anuncian un concerto de “Paco Ibáñez, a voz libre de España”, na [[sala Richelieu]]. Os universitarios franceses identifícanse con el e o toman como un dos seus símbolos. Nese mesmo ano edita o seu terceiro disco con poemas de [[Rafael Alberti]], [[Luis Cernuda]], [[León Felipe]], [[Gloria Fuertes]], [[Antonio Machado]] ou [[José Agustín Goytisolo]]. O autor da pintura que ilustrará o disco é [[Antonio Saura]]. En decembro realiza a súa memorable aparición na sala [[Olympia]] parisiense. Un dobre álbumeálbum que recolle esta velada. No Olympia canta por primeira vez unha canción de [[Georges Brassens]] traducida ó castelán, ''La mala reputación''.
En 1970 coñece a [[Pablo Neruda]] en París, que escoita por primeira vez os seus poemas cantados. "Tú tienes que cantar mis poemas, tu voz está hecha para cantar mi poesía..." dille o poeta.