Estómago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m [r2.5.2] bot Engadido: be:Страўнік
Elisardojm (conversa | contribucións)
asimesmo -> así mesmo
Liña 37:
O esófago determina a [[incisura cardial]], que serve de [[válvula]] para previr o refluxo gastroesofáxico. Cara á esquerda e arriba (baixo a cúpula diafragmática) exténdese o fondo, ocupado por aire e visible nas radiografías simples. Continúa co corpo, porción alongada que pode "pender" máis ou menos no abdome. Despois segue un traxecto máis ou menos horizontal e cara á dereita, para continuar coa porción pilórica, que consta do antro pilórico e do conduto pilórico separado do dudeno polo esfínter pilórico. Neste punto a parede engrósase de modo considerable pola presenza de abundantes fibras circulares da capa muscular que forman o esfínter pilórico.
 
A forma aplanada do estómago en reposo determina a presenza dunha cara anterior, visible no ''situs abdominis'', e unha cara posterior que mira a transcavidade dos [[epiplón]]s (cavidade omental), situada detrás. AsimesmoAsí mesmo, determina a presenza dun borde inferior (curvatura maior) que mira abaixo e á esquerda, e un borde superior (curvatura menor) que mira arriba e á dereita. Como consecuencia dos xiros do estómago en período embrionario, pola curvatura maior continúa o estómago co omento (epiplón) maior, e a menor co omento (epiplón) menor.
 
A luz do estómago ten uns pregos de mucosa lonxitudinais, sendo os máis importantes dous paralelos e próximos á curvatura menor, que forman a canle do estómago. Os pregos diminúen no ''fundus'' e na porción pilórica.