Golpe de estado do 23 de febreiro de 1981: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vilachan (conversa | contribucións)
m grabar>gravar
Liña 11:
 
 
Pedro Francisco Martín, operador de [[Televisión Española]], grabougravou case media hora, achegándolle ao mundo un documento audiovisual de valor incalculable sobre a tentativa do golpe de Estado. Coa toma armada do hemiciclo e o secuestro de poderes executivo e lexislativo, tentábase conseguir un "vacío de poder", sobre o que se pretendía xerar un novo poder político. Máis tarde, catro dos deputados foron separados do resto: o Presidente do Goberno, Adolfo Suárez González, o Ministro de Defensa, Agustín Rodríguez Sahagún, o líder da oposición, o socialista [[Felipe González Márquez]], o segundo na lista do PSOE, [[Alfonso Guerra]], e o líder do [[Partido Comunista de España]], Santiago Carrillo.
 
Pouco tempo despois e seguindo o plan previsto, sublevouse en [[Valencia]] o Capitán General de la [[III Rexión Militar]], [[Jaime Milans del Bosch]], que sacou algunhas compañías de [[carros de combate]] á rúa, desde o porto de Valencia ata o centro da cidade, onde apuntaban aos edificios institucionais, como o concello ou as cortes valencianas. Decretou o Estado de excepción e tentou convencer a outros militares de secundar a súa acción. Ás nove da noite, un comunicado do Ministerio de Interior informaba da constitución dun goberno provisorio con subsecretarios de diferentes instancias ministeriais, presidido por Francisco Laína, para asegurar a gobernación do estado e en estreito contacto coa Xunta de Xefes do Estado Maior. Entretanto, outro xeneral, [[Torres Rojas]], fracasaba na súa tentativa de suplantar no mando da [[División Acorazada Brunete]] ao xeneral Juste, xefe da mesma, abortándose a pretensión de ocupar os puntos estratéxicos da capital, entre eles as sedes da Radio e Televisión, e a difusión dun comunicado relatando o éxito do golpe.