Misa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: tl:Misa
Beninho (conversa | contribucións)
m sustantivo -> substantivo
Liña 3:
 
==Orixe==
A orixe do sustantivosubstantivo "misa" é o vocábulo [[lingua latina|latino]] "mittere" (enviar) e provén da fórmula coa que acaba a celebración do rito en latín: "Ite missa est". O sentido desta frase encerra certa polémica. O significado orixinal de "mittere" é "enviar" pero algunhas fontes sosteñen que neste caso significa "despedida". O lexicógrafo [[Du Cange]], na súa obra ''[[Glossarium latinitatis]]'' mantén que, ou ben se debe sobreentender unha "congregatio fidelium" ("Marchádevos, queda disolta (a congregación dos fieis)"), ou ben se transformou "missa" en [[substantivo]] en latín serodio, e adquiriu o significado de despedida.
 
Segundo o [[dogma]] [[catolicismo|católico]], que non comparten outras relixións cristiás, na misa renóvase o sacrificio do [[Calvario]] ao celebrar o [[sacramento]] da [[eucaristía]]: nel conságrase [[pan]] e [[viño]] por medio dunha fórmula que pronuncia o sacerdote celebrante, e prodúcese a suposta [[transubstanciación]]. Segundo esta tradición católica, a misa herda a [[Última Cea]] de [[Xesucristo]] cos seus doce [[apóstolos]].