Lista de gañadores dos Premios Ig Nobel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Woden (conversa | contribucións)
*gafas -> lentes
Liña 58:
* '''Odontoloxía''' - Robert H. Beaumont, de Shoreview, Minnesota, polo seu incisivo estudo "Preferencia dos pacientes polo fío dental con ou sen cera".
* '''Economía''' - Presentado conxuntamente a Nick Leeson e ós seus superiores no Barings Bank e a Robert Citron de Orange County, California, por usar o cálculo diferencial para demostrar que todas as entidades financeiras teñen os seus límites.
* '''Literatura''' - David B. Busch e James R. Starling, de Madison, Wisconsin, polo seu informe de investigación, "Corpos rectais alleos: casos reportados e unha revisión completa da literatura mundial". As citas inclúen informes de, entre outros obxectos, sete bombillas, un afiador de coitelos, dúas lanternas, un resorte, unha caixa de rapé, unha lata de aceite, sete tipos diferentes de froitas, vexetais e produtos alimenticios, unha serra de xoieiro, unha cola de porco conxelada, unha copa de estaño, un vaso de cervexa, e unha destacable colección dun paciente consistente nunhas gafaslentes, unha chave dunha maleta, unha bolsa de tabaco e unha revista.
* '''Medicina''' - Marcia E. Buebel, David S. Shannahoff-Khalsa, e Michael R. Boyle, polo seu estudo titulado "Efectos da respiración forzada por un só burato do nariz sobre a capacidade cognitiva".
* '''Nutrición''' - John Martinez de J. Martinez & Company en [[Atlanta]], polo Café Luak, o café máis caro do mundo, que está feito cos graos de café inxeridos e excrementados por un luak, un animal parecido a un lince vermello orixinario de [[Indonesia]].