Lagoa, Alfoz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
m →‎Historia: Matizo lig int.
m * finca > leira
Liña 21:
 
==Patrimonio==
A '''igrexa parroquial de San Vicente de Lagoa''' foi construída no [[século XVIII]]. Conta cunha soa nave e dúas sancristías situadas a ambos lados da capela maior. A fachada principal ten porta co arco alintelado, unha xanela e unha imaxe do patrón, San Vicente. Arrimado ó muro dereito da nave sitúase un pórtico sostido por pilastras. Tamén ten unha torre de dous corpos, arrimada a fachada, con elementos arquitectónicos característicos do estilo barroco. No seu interior consérvanse retablos con esculturas.
 
O '''Pazo de Carrocide''' está situado na aldea do mesmo nome, e é unha propiedade privada non visitábel. Situado o longo da estrada ten dous portalóns de entrada o recinto similares, un arco de pedra de cantería con tres remates na parte superior. Planta moi alongada formada por gran cantidade de corpos acaroados. Nun dos extremos dúas torres, é noutro a capela. Cuberta de laxas de lousa. Cornixa de cantería con gárgolas nas torres. Construída de cachotería combinada con sillería. Patín de entrada a planta alta.
 
O '''Pazo de Rizal''' está na aldea do mesmo nome, e tampouco se pode visitar. Situado nun pequeno núcleo, a carón da estrada. A fincaleira ocupa unha gran chaira que chegaba até o río. O edificio está á beira dun recinto amurallado e cerrado por un dos lados. O redor do recinto esténdense as terras de traballo. O edificio ten unha planta irregular e muros de cachotería enfoscados e enlucidos, cuberta de laxas. Ten dúas ás de igual altura que o corpo principal de dúas plantas, a unha delas está arrimado o corpo que alberga a capela.
 
==Lugares e Parroquias==