Xosé de Nazaret: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
*construcción -> construción
Liña 23:
==Oficio==
[[Ficheiro:Outono 2010 150.jpg|thumb|250px|esquerda|Obradoiro de San Xosé na igrexa de Santo Agostiño en Santiago de Compostela]]
O seu oficio era de ''tekton'', palabra grega que designa a un artesán humilde que facía portas, traballaba na construcciónconstrución de casas, reparaba sellas de montar.., e que un dos primeiros autores cristiáns e [[Pais da Igrexa]], [[Xustino Mártir]], identifica co oficio de carpinteiro. O propio Xustino asegura que nos seus días aínda existían aguilladas e arados construídos por Xosé e Xesús<ref>''Dialogus cum Tryphone Juadeos''</ref>.
 
É posible que, tal como sospeita Schlatter, non existise traballo suficiente en Nazaret para un tekton, polo que sería factible que Xosé se desprazase con Xesús a traballar na helenizada e cercana cidade de Séforis. Especulación factible pero indemostrada. En todo caso, Xesús aprendería este oficio do seu pai dado que no xudaísmo rabínico tardío era obriga dun pai da condición social de Xosé ensinar un oficio manual ao seu fillo. Non ensinar a traballar era incumprir o mandamento de non roubar.<ref> Gnilka Joachim, ''Jesús de Nazaret, Mensaje e historia''. Ed. Herder 1995, pp 97 e 98. ISBN:84-254-1807-0</ref>