Sixto de Borbón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
Paradanta (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Hacia -> cara a
Liña 8:
Xa dende pequeno mostrou as súas intencións de acceder ó trono e posicionouse favorable ás causas [[Carlismo|Carlistas]]. Cursou os seus estudos en colexios [[Benedictinos]] e nos [[Maristas]], así como dereito, linguas modernas e clásicas e finanzas. En [[1965]] alistouse na [[Lexión Española]] baixo o alcume de Enrique de Aranjuez e o [[2 de maio]] dese mesmo ano fixo a xura de bandeira o que o excluía de compromisos políticos (contrariamente do que ocorre hoxe en día, xa que a xura de bandeira amosa tamén fidelidade cara á [[Constitución española de 1978]].
 
Os seguidores de Sixto de Borbón acusaron ó seu irmán maior, [[Carlos Hugo de Borbón|Carlos Hugo de Borbón-Parma]], de ter abandonado os ideais que a súa familia sempre apoiara e consideraban que Sixto era o líder do [[Carlismo|Comuñón Tradicionalista]]. Namentres que o seu irmán Carlos Hugo abandonara as pretensións carlistas haciacara oao trono e reconciliárase co Estado Español, Sixto Henrique autonomeouse rexente cando o seu pai, o Duque [[Xavier de Borbón-Parma]], morreu en [[1977]].
 
Na primavera de [[1976]], na romaría de [[Montejurra]], un grupo de seguidores de Sixto de Borbón composto por membros da Comuñón Tradicionalista, a Irmandade de Excombatentes, [[Unión Nacional Española]] e [[Fuerza Nueva|Forza Nova]], acompañados por pistoleiros ultradereitistas españois, arxentinos, italianos e franceses agrediu ós militantes do [[Partido Carlista]] partidarios de Carlos Hugo de Borbón nos chamados [[Sucesos de Montejurra]]. O resultado do incidente foi a morte de dúas persoas aínda que non se conseguiu o obxectivo que era o de alterar o apoio maioritario do Partido Carlista a Carlos Hugo quen foi ratificado un ano despois.