Pesca deportiva: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m * cauce > leito ou curso |
|||
Liña 1:
▲É un deporte moi difundido, sobre todo nas comarcas costeiras de toda [[Galiza]], aínda que nalgunhas zonas do interior que se atopan preto de ríos grandes ou troiteiros tamén teñen numerosos afeccionados.
▲===A pesca no mar:===
En [[Galiza]] esta pesca está bastante estendida nas [[ría]]s.
Predomina a pesca dende pequenas embarcacións que cacean polas [[praia]]s e rías en busca de [[róbalo]].
Liña 9 ⟶ 7:
Hai tamén moita xente que pesca dende o [[peirao]], o [[acantilado]] ou ó pé de praia, sendo estes últimos os que obteñen máis capturas{{Cómpre referencia}}. Existen diversas modalidades:
=== A pesca “a fondo”
Esta especialidade consiste no transporte do [[cebo]] ata a zona adecuada cun [[chumbo]] ou [[chumbada]] que pode variar en forma, tamaño e peso. Para pescar desta maneira necesítase unha [[cana]] cunha [[acción]] determinada que vai dende os 20g ata os 300g.
=== A pesca con [[boia]]
É un tipo de pesca moi común nas costas rochosas, onde un chumbo quedaría enganchado nas pedras do fondo. Aínda que algo difícil para os que a practican por primeira vez debido ó manexo da boia, da moi bos resultados en canto a calidade de peixe e cantidade. Quizais a captura máis numerosa e importante sexa a do [[Sargo]], pola súa abundancia sobre todo no outono e inverno, sendo comúns as “pescatas” de 10, 15 exemplares que poden superar facilmente o quilogramo de peso.
=== A pesca caceando desde [[embarcación]]
Consiste en que co [[barco]] en movemento, moi amodo e co motor con pouco ruído, lancemos o cebo [[artificial]], e fixemos o freo do [[carrete]], así o [[vinilo]] ou o rappala moveranse a unha velocidade á que os [[depredadores]] (comunmente robalizas e xardas) poidan atrapalo con facilidade.
Desta maneira sinxela podemos practicar outras modalidades mentres temos unha cana caceando.
===Caceando desde terra
Consiste no mesmo que a anterior, só que sen barco, polo que seremos nós os que teremos que recoller a tanza rapidamente. Deste xeito é máis incómodo pero pódese alternar tendo unha cana a fondo, ben suxeita á espera dunha [[picada]] mentres caceamos.
Liña 28 ⟶ 26:
Existen tamén moitas modalidades, das que veremos as máis importantes.
===A pesca con mosca
Como o seu nome indica o cebo é unha [[mosca artificial]] realizada artesanalmente con plumas e que leva un [[anzol]]. Consiste en lanzar a mosca sen ningún tipo de chumbo cuns rápidos movementos cara atrás e adiante, e ten que caer suavemente na superficie da auga, coma se fose un auténtico insecto que acaba de caer aínda vivo sen saber o que lle agarda debaixo da auga, listo para saltar no aire e atrapalo entre os seus dentes.
As capturas son normalmente [[troita]]s, comúns ou arcoiris.
===Pescando con culleriña
É por excelencia o mellor método para pescar troitas. A técnica é moi longa de aprender e moi complicada, pero con práctica todo se consegue. Consiste en lanzar unha especie de culler de metal dun color brillante cun [[trianzó]], e que ó recoller a moita velocidade só se pode ver unha cousa moi rechamante (que resulta atractiva para as troitas).
===Pescando con cebo natural
Os cebos deben ir cun pequeno chumbo que depende do [[
[[Categoría:Pesca]]
|