Froita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: dsb:Sad, hsb:Sad
Lameiro (conversa | contribucións)
*postre -> sobremesa
Liña 1:
[[Ficheiro:Froitas diversas.jpg|thumb|right|200px|Froitas diversas nun mercado barcelonés.]]{{Cociña}}As '''froitas''' son os [[froito]]s comestíbeis dalgunhas [[árbore]]s e [[planta]]s. Na lingua coloquial e en cociña, cando se fala da froita en termos xenéricos, a palabra refírese normalmente a aqueles [[vexetal|vexetais]] cuxos froitos son carnosos e doces, ricos en [[azucre]]s e [[vitamina]]s e frecuentemente consumidos crus como [[postresobremesa]], como por exemplo, as [[ameixa]]s, [[mazá]]s, [[laranxa]]s e un longo etcétera. Porén, en canto ó nome concreto de cada tipo de froita, moitos vexetais moi comúns, así como varios tipos de [[noz|noces]] e grans, reciben o seu nome das especies das que proceden. Habitualmente, estes froitos son moi saborosos e relativamente doces, tendo polo normal [[cor]]es vivas e aromas agradábeis. Case todas posúen pel, [[pulpa]] (a ''carne'' da froita) e sementes ou carabuñas ben diferenciadas.
 
A froita diferénciase dos [[froito seco|froitos secos]] en que as primeiras conteñen unha gran cantidade de [[auga]], contrariamente a estes últimos, que a reduciron tras un proceso de secado, natural ou artificial.