Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Woden (conversa | contribucións)
*estructura -> estrutura
Liña 9:
O rei de Galicia e León [[Afonso IX]] dotouno dun amplo couto xurisdiccional, que fixo deste mosteiro non só un centro de estudo, oración, esmola e hospitalidade senón tamén un núcleo de poder feudal libre do dominio señorial. Entre os seus priorados estaba outras importantes comunidades ([[mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil]], [[mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro]], tamén na Ribeira Sacra) todos eles catalizadores de actividades agrícolas, forestais e artesanais, ademais das propiamente culturais e relixiosas.
 
As medidas políticas dos [[Reis Católicos]], co somentemento dos mosteiros do Reino de Galicia ás novas cabeceiras castelás, fixeron que este fóra integrado na Congregación de Valladolid. Tras a axitación dos últimos anos da Idade media (revolución irmandiña, descabezamento da nobreza galega, implantación da Santa Irmandade e da [[Real Audiencia do Reino de Galicia]], amenceu un período de estabilidade e boas colleitas que propiciaron unha importante renovación arquitectónica en estilo [[renacentista]] e [[barroco]]. A chegada do abade de [[San Martiño Pinario]] e de Frei Juan de Corcuera, encargados de aplicar a reforma benedictina nos mosteiros desta orde no [[Reino de Galicia]], impulsaron as obras de reforma sobre a estructuraestrutura medieval.
 
A [[desamortización]] acabaría co esplendor deste mosteiro. Será iniciativa de [[Aurelio Miras Portugal]], dacordo co bispo de Ourense monseñor [[Carlos Osoro]], acometer a súa rehabilitación integral para uso hoteleiro en 1998, o que permitirá que no 2004, mediante convenio coa [[Xunta de Galicia]], o Estado Español instalase nel un Parador de Turismo para a dinamización turística da Ribeira Sacra.