Butano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: de:N-Butan
*estructura -> estrutura
Liña 1:
[[Ficheiro:N-butane 3D.png|200px|thumb|right|EstructuraEstrutura molecular do Butano.]]
O '''butano''' (tamén chamado '''n-butano''') é un [[hidrocarburo]] saturado, parafínico ou alifático, inflamable, gasoso que se licúa a presión atmosférica a -0,5&nbsp;° ºC, formado por catro átomos de [[carbono]] e por dez de [[hidróxeno]], cuxa fórmula química é C<sub>4</sub>H<sub>10</sub>. Tamén pode denominarse co mesmo nome a un isómero deste gas: o isobutano ou [[metilpropano]].
 
== Características ==
Como é un [[gas]] incoloro e [[inodoro]], na súa elaboración engádeselle un odorizante (xeralmente un [[mercaptano]]) que lle confire un cheiro desagradable. Isto permítelle ser detectado nunha fuga, porque aínda que non é tóxico, pode provocar unha explosión.
 
En caso de extinción dun [[lume]] por gas butano emprégase [[anhídrido carbónico]] (CO<sub>2</sub>), po químico ou néboa de auga para arrefriar e dispersar vapores.
 
O '''butano comercial''' é un gas licuado, obtido por destilación do [[petróleo]], composto principalmente por butano normal (60 %), [[propano]] (9 %), [[Metilpropano|isobutano]] (30 %) e [[etano]] (1 %).
 
== Aplicacións ==
A principal aplicación do '''gas butano''' é a de [[combustible]] en fogares para a cociña e [[auga]] quente, e nos [[mecheiro]]s de gas. Non adoita consumirse en grandes cantidades debido ás súas limitacións de transporte e almacenaxe.