Cadernos Ramón Piñeiro: Diferenzas entre revisións

revista do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
cadernos Ramón Piñeiro
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de xaneiro de 2011 ás 11:44

Os Cadernos Ramón Piñeiro constitúen unha publicación de periodicidade variable editada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades como unha contribución ó estudio e á análise do pensamento do filósofo do que collen o nome. Están dirixidos por Luís Alonso Girgado e Ramón López Vázquez.

Co subtítulo de Cadernos galegos de pensamento e cultura, márcanse como obxectivo servir de canle de publicación de ensaios breves, investigacións e estudios encadrados dentro das Humanidades, con especial atención ó pensamento filosófico. En distintos números recolleu parte da correspondencia de Piñeiro con diferentes personalidades.

Naceron o 22 de novembro de 2003 [1] co gallo do décimo aniversario da fundación do Centro, e xa van polo número XIV (febreiro de 2010), centrado este último nunha homenaxe a Uxío Novoneyra, a quen se lle dedicara o Día das Letras Galegas dese mesmo ano. Neste número, a revista publicou case 50 textos inéditos do poeta [2].

Tódolos números están accesibles na web do Centro Ramón Piñeiro.