Tim O'Reilly: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: it:Tim O'Reilly
Furado (conversa | contribucións)
m Arranxo menor.
Liña 5:
Foi un forte impulsor do [[software libre]], e é autor (xunto con [[Dale Dougherty]], Craig Cline e John Batelle) do concepto [[Web 2.0]], que designa a evolución actual de Internet cara a maiores graos de interactividade cun funcionamento cada vez máis sinxelo e intuitivo, tendo a Web como elemento central. Tamén participou no desenvolvemento da linguaxe [[Perl]].
 
Inicialmente estivo interesado na literatura, mais tras licenciarse en Humanidades en 1975 pola [[Universidade de Harvard]], veuse envolto no campo dos manuais de ordenadores. Pouco a pouco comezou a sentirse atraido pola informática e actualmente é autor de varios libros, publicados todos eles pola súa editorial. En 1992 publicou The Whole Internet User's Guide & Catalog, o primeiro libro divulgativo sobre Internet. En 1993 creou o primeiro portal de Internet: Global Network Navigator, que máis tarde convertiríase en [[AOL]]. En 2000 fundou Safari Books Online, o primeiro sitio de venda de libros na Rede. Nunha conferencia en 2004 presenta públicamente o concepto de Web 2.0. O' Reilly forma parte de CollabNet, e estivo a bordo de [[Macromedia]] ata a súa fusión con Adobe Systems en 2005. En 2007 pasou a formar parte da dirección de MySQLAB.
 
No ano 2001 veuse envolto nunha disputa con [[Amazon.com]], dirixindo unha protesta contra a súa patente [[one-click]], e, especialmente, en oposición á afirmación de dita patente por parte de Amazon contra o seu rival barnesandnoble.com. A disputa terminou con O'Reilly e [[Jeff Bezos]], fundador de Amazon.com, viaxando a Washington D.C. para esixir unha reforma da patente.