Romualdo II de Benevento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: bg:Ромуалд II (Беневенто); cambios estética
arranxiño
Liña 1:
'''Romualdo II o Novo''' (morto en [[732]]<ref>[[724]] no ''Lexikon''.</ref>) foi o fillo de [[Xisulfo I de Benevento|Xisulfo I]] e Winiperga. Sucedeuno como [[duque de Benevento]] á súa morte, que aparece datada diferentemente segundo as fontes [[698]], [[706]], ou [[707]]. Segundo [[Paulo Diácono]], Xisulfo reinou dezasete anos, cousa que implicaría que morreu no 698, pero Paulo tamén fai mención de accións que parece que acaeceron certamente sobre o [[705]]. Dálle a Romualdo un reinado de vinteseis 26 anos, o que sitúa a súa morte en [[724]], [[731]], ou [[732]].
 
Romualdo entrou en conflito tanto co [[Ducado de Spoleto]] como co [[Ducado de Nápoles]] durante o seu longo reinado. O conflito con este último levouno a un enfrontamento co [[papado]] tamén. Tomoulle o remoto castelo de [[Cumas]] a [[Xoán I de Nápoles]] en [[716]] e ignorou as peticións do papa [[Gregorio II, Papa|Gregorio II]] e as súas ofertas de compensacións se o restituía. En [[717]], o papa apoiou a expedición de Xoán que venceu definitivamente o exército do seu [[gastaldo]] e desprazou aos seus homes de Cumas.
Liña 5:
Romualdo casou dúas veces: primeiro con Guntberga (ou Gumperga), filla de Aurona, irmá do rei [[Liutprando]] e despois con Ranigunda, filla do Duque [[Gaidualdo de Brescia]]. Sucedeuno o fillo que tivo con Gumperga, [[Xisulfo II de Benevento|Xisulfo II]], pero era menor de idade e foi desprazado polo usurpador [[Adelais de Benevento|Adelais]], aínda que se lle perdoou a vida.
 
== Fontes ==
* [http://www.genealogie-mittelalter.de/langobarden_fuersten_von_benevent_capua_salerno/romuald_2_herzog_von_benevent_+_724.html ''Lexikon des Mittelalters'': Romuald II. Herzog von Benevent (698-724)].
* [[Paulo Diácono]]. [http://www.northvegr.org/lore/langobard/index.php ''Historia Langobardorum'']. Dispoñíbel en Northvegr.