Fuxan os Ventos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.5.2) (bot Engadido: es:Fuxan os ventos
*vintecinco -> vinte e cinco
Liña 14:
'''Fuxan os ventos''', chamado ás veces simplemente ''Fuxan'', é un grupo [[música galega|musical galego]] formado en [[1972]] en [[Lugo]] no seo do Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. O grupo participou co nome de ''Folk 72'' no III Festival musical das San Lucas de [[Mondoñedo]], onde gañaron o primeiro premio co tema "Fuxan os ventos". A partir de entón adoptaron este nome para o grupo.
 
== Historia==
No ano [[1973]] o grupo participou no III Festival Ría de Ares, en [[Pontedeume]], gañando tamén o primeiro premio. No ano seguinte participaron noutros festivais en [[Ferrol]] e [[Madrid]], acadando sempre o recoñecemento da crítica e prensa especializada, mentres participaban na misa radiada de [[Radio Popular]], no que xa participaban antes da creación do grupo.
 
Liña 28:
Por Fuxan os ventos chegaron a pasar até 30 persoas, ata que a comezos do ano [[1983]] se produciu a definitiva modificación coa saída de dous dos seus compoñentes ([[Xosé Luís Rivas Cruz]] e [[Baldomero Iglesias Dobarrio]], que fundaron [[A Quenlla]]) e a incorporación dun trío de música tradicional. Nesta nova época o grupo grava con Fonomusic no ano [[1984]] o disco "Noutrora" e continúa coas actuacións en directo incrementando a súas saídas fóra de Galicia, abríndose a novos circuítos: tocan en [[Durango]], nun ''galeuzca'' musical, en [[1983]]; en [[Xaén]], na Universidade Popular, en [[1985]], ou en [[Segovia]], no Festival Agapito Marazuela, no ano [[1989]], na que sería a súa última actuación en directo.
 
Desde esa data, o grupo permanece inactivo de cara ao público, rompendo o seu silencio en contadas ocasións: en maio de [[1993]] participando na Festa Labrega de [[Láncara]], organizada polo [[Sindicato Labrego Galego]] para conmemorar a supresión da "cota empresarial agraria"; e no ano [[1997]], en Lugo, para celebrar o vintecincovinte e cinco aniversario da Asociación Auxilia, coa que o grupo colaborou dende a súa fundación. No ano [[2007]], aproveitando o convite para dar o pregón da Feira de Artesáns de Instrumentos Tradicionais que ten lugar no Festival de Pardiñas ([[Guitiriz]]), o grupo fai unha pequena actuación cantando seis temas do seu repertorio.
 
Porén, o grupo segue a traballar internamente. En [[1999]] concretouse ese traballo na gravación do disco ''Sempre e máis despois'', tras quince anos sen editar, e composto exclusivamente por temas tradicionais. O disco ''Na Memoria dos tempos'' apareceu no [[2002]]. O grupo tamén participou na gravación de dous temas para o disco de cancións infantís "Pelo gato 24", editado pola Asociación de Gaiteiros no [[2007]]. "Terra de Soños", editado no ano [[2010]], reedita os clásicos do grupo .