Vilamaior de Caldelas, Castro Caldelas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
formato
arranxiños
Liña 15:
'''Vilamaior de Caldelas''', antigamente coñecida por Vilamaior a secas, consta de cinco aldeas, por orde de habitantes, e de maior a menor: a propia Vilamaior, Os Casares, Casfiel, Villardoleiros e O Carballo. Esta última non ten moradores desde hai xa varios anos. Se ordenamos pola extensión dos núcleos de construcións, tamén de maior a menor: Vilamaior, Casfiel, Os Casares, Villadoleiros e O Carballo. As parroquias colindantes son [[O Burgo, Castro Caldelas|O Burgo]], [[Sas de Penelas, Castro Caldelas|Sas de Penelas]] e [[Castrelo, San Xoán de Río|Castrelo]] (xa pertencente ao concello de [[San Xoán de Río]]).
 
Por estrada, dista a uns 6 km. da capital do Concello ([[Castro Caldelas]]), a 52 Kmkm de [[Ourense]], a uns 485 de [[Madrid]], a 3 de Sas de Penelas, a 16 de Póboa de Trives, a 32 da estación invernal de [[Cabeza de Manzaneda]] (por un camiño con trazado directo, habería uns oito km; a pé, polo monte, facendo sendeirismo, poderíase ampliar a dez).
 
===Xeografía física===
Vilamaior está situada na aba da [[Serra do Burgo]]. AtopaseAtópase a uns 750 m. de altitude, e a parte montañosa correspondente que a protexe polo sur ten un máximo desnivel duns 10501.050 m. (aínda que a Serra do Burgo, noutra parte, alcanza os 12501.250 m. aprox.). Esta protección natural polo sur, e algo menos polo leste pero non polo norte (ou moito menos pronunciada polo norte), atenúa as temperaturas mais altas, mais non tanto as baixas; por esta circunstancia natural, á parte de pola altura a que se atopa, e tamén por ser unha zona interior, as xeadas son moito mas frecuentes, duradeiras e daniñas que noutros pobos ou parroquias con distinta protección orográfica.
 
Aproximadamente, contando a extensión das construcións e do terreo produtivo propiedade dos veciños, pode ter a parroquia unhas 200 hectáreas. Sumando os montes e terreo comunal, podería subir até as 500 Haha. Non hai ríos importantes que atravesen a parroquia; a maioría son regatos, moi torrenciais (con moito desnivel) ao seu paso pola montaña, cheos de auga no inverno e que se van secando a medida que o verán avanza. Nos últimos anos, posiblemente debido ao cambio climático, comeza a haber problemas de abastecemento de auga.
 
===Demografía===
A principio do século XX estaba moito mais poboada a parroquia (aproximadamente uns 400 veciños), mais agora (datos de marzo de 2007) quedan como residentes fixos uns vintecincovinte e cinco en Vilamaior, catro en Casfiel, tres en Villardoleiros, e nos Casares catro. A parroquia foise despoboando paulatinamente, á parte de pestes e guerras, a emigración as “Américas” no primeiro terzo do século pasado, logo as “suízas” no segundo terzo, ademais de marchar a outras cidades con posibilidades de traballo ou de negocio, pouco a pouco foron minguando os veciños. Como dato curioso e relacionado, debemos sinalar que, por exemplo, en Vilamaior só hai un pequeno que está indo á escola; na totalidade da parroquia parece que só suman dúas unidades. Pola década 1960-1970, estando a escola en Casfiel (agora todos os rapaces do Concello van á mesma escola, a da “capital” do Concello) alcanzáronse uns trinta rapaces na escola, e había unha clase con un só mestre ou mestra para todos os cursos.
 
==Economía==