Marcial Lafuente Estefanía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
*vintecinco -> vinte e cinco
Liña 8:
Tras ser liberado escribiu a súa primeira novela do oeste en 1943, ''La mascota de la pradera''. Comezou a publicar obras [[Novela policíaca|policíacas]] ou románticas en [[Editorial Cíes]], unha pequena editorial [[Vigo|viguesa]] da que chegaría a ser responsable, levándoa a Ávila e Madrid. As súas primeiras novelas firmounas baixo [[pseudónimo]]s como "Tony Spring", "Arizona", "María Luísa Beorlegui" (o nome da súa muller ) ou "Cecilia de Iraluce". Posteriormente firmou un contrato coa [[Editorial Bruguera]] que o levou a producir arredor de 2.600 noveliñas en pequeno formato de non máis de cen páxinas, de impresión barata e moi característica, semellantes ó [[pulp]] norteamericano. Desde entón publicou xa sempre co seu nome verdadeiro ou coas siglas M. L. Estefanía, sendo un dos principais activos de Editorial Bruguera xunto coa tamén novelista popular [[Corín Tellado]] e as distintas publicacións de [[historieta]]s.
 
Escribía e publicaba unha novela do oeste por semana, vendéndose por cinco pesetas, e trala devaluación, a vintecincovinte e cinco. Era común comprar unha e, tras ser lida, devolverlla ó quiosqueiro a cambio doutra nova. Deste xeito as tiradas resultaban enganosas, pois aínda que eran moi crecidas e baratas, un mesma exemplar podía ser lido por varias ducias de persoas. Algunhas das súa obras alcanzaron reedicións continuas de ata 30.000 exemplares, sendo distribuídas aínda na actualidade.
 
Sabedor de que as súas novelas se lían nos Estados Unidos, coidaba moito a verosimilitude histórica, xeográfica y botánica do oeste norteamericano, para o que recurría a tres libros en particular: unha obra moi completa de historia dos Estados Unidos, un atlas moi antigo onde aparecían as vilas da época da conquista do oeste, e unha guía telefónica estadounidense da que tomaba os nomes dos personaxes.