Historia do Exipto otomán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Mjbmrbot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: pt:Egito Otomano
*dezaséis -> dezaseis
Liña 21:
 
==Período turco final==
No [[século XVIII]] o paxá cedeu en importancia aos [[bey]]s mamelucos e dous cargos, o de [[Sheik al-Balad]] e o de [[Emir al-~ajj]], ocupados por eles, representaban o goberno real da comunidade. Non se sabe moi ben como se chegou a esta situación dado que faltan boas crónicas do período turco. En [[1707]] o [[Sheik al-Balad]], [[Ogsim Iywaz]], estaba á cabeza dunha das dúas faccións mamelucas, os Casimitas e os Ficaritas, cando estas se enfrentaron e el foi morto. O seu posto pasou para o seu fillo Ismael, que o ocupou durante dezaséisdezaseis anos (mentres os paxás mudaban constantemente) e conseguiu reconciliar as dúas faccións. En [[1724]] foi asasinado polas maquinacións do paxá e [[Shirkas Bey]], da facción oposta, ocupou o seu lugar. Este foi deposto e tivo que fuxir ao [[Alto Exipto]], pero voltou cun exército. Os dous morreron (o primeiro afogado e o segundo asasinado) e o seu lugar ocupouno [[Othman Bey]]. Este tivo que fuxir de Exipto polas intrigas de dous aventureiros, Ibrahim e Rilwgn Bey.
 
Estes dous iniciaron un masacre de beys e demáis opositores e procederon a gobernar Exipto alternando os dous postos cada ano. Un dos paxás tentou eliminalos mediante un golpe de estado, pero os seus seguidores liberáronnos e obrigaron ao paxá a fuxir. Outro paxá posterior logrou matar a varios beys, pero tivo tamén que fuxir. Ibraihim foi asasinado por un bey en [[1755]] e o seu posto ocupouno Ali Bey; Rilway tamén foi asasinado pouco despóis.