Giovanni Boccaccio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.5.2) (bot Engadido: nds:Giovanni Boccaccio
*vintetrés -> vinte e tres
Liña 1:
[[Ficheiro:Giovanni Boccaccio.jpg|thumb|200px|Giovanni Boccaccio]]
 
'''Giovanni Boccaccio''' naceu no 1313 seguramente na rexión de [[Florencia - Firenze|Florencia]] ([[Italia]]) e morreufinado o [[21 de decembro]] de [[1375]]), foi un [[escritor]] e [[humanismo|humanista]] [[Italia|italiano]]. É un dos pais, xunto con [[Dante]] e [[Petrarca]], da literatura en italiano. Compuxo tamén varias obras en [[latín]]. É recordado sobre todo como autor do ''[[Decamerón]]''.
 
== Biografía ==
Liña 8:
Como Boccaccio mostraba escasa inclinación cara os negocios, o pai decidiu en 1331 encamiñalo caro o estudo do dereito canónico. Tras un novo fracaso, dedicouse por completo ás letras, baixo a tutela de destacados eruditos da corte napolitana, como [[Paolo da Perugia]] e [[Andalò di Negro]]. Frecuentou o ambiente refinado da corte de [[Roberto de Anjou]], que era amigo persoal do seu pai. Entre 1330 e 1331 ensinou [[Dereito]] na Universidade de Nápoles o poeta [[dolce stil nuovo|stilnovista]] [[Cino da Pistoia]], quen tivo unha influencia notable no Boccaccio mozo.
 
A mañá do [[30 de marzo]] de [[1331]], sábado santo, cando o autor tiña vintetrésvinte e tres anos, coñeceu a unha dama napolitana da que se namorou con apaixonamento —o encontro descríbese na súa obra ''[[Filocolo]]''—, á que inmortalizou co nome de ''Fiammetta'' («Chamiña») e á que cortexou sen descanso con cancións e sonetos. É posible que Fiammetta fose María de Aquino, filla ilexítima do rei e esposa dun xentilhome da corte, aínda que isto é so un chisme, pois non se encontraron documentos que o confirmen. ''Fiammetta'' abriu a Boccaccio as portas da corte e, o que é máis importante, impulsouno na súa incipiente carreira literaria. Baixo a súa influencia escribiu Boccaccio as súas novelas e poemas xuvenís, dende o ''Filocolo'' ao ''[[Filostrato]]'', a ''[[Teseida]]'', o ''[[Ameto]]'', a ''[[Amorosa visión]]'' e a ''[[Elexía de Madonna Fiammetta]]''. Sábese que foi Fiammetta a que lle puxo fin á relación entre os dous, e que a ruptura lle causou unha fonda dor a Boccaccio.
 
En decembro de 1340, despois de polo menos trece anos en Nápoles, tivo que regresar a Florencia a causa dun grave revés financeiro sufrido polo seu pai. Entre 1346 e 1348 viviu en [[Rávena]], na corte de [[Ostasio da Polenta]], e en [[Forlì]], como hóspede de Francesco Ordelaffi; alí coñeceu aos poetas Nereo Morandi e Checco di Melletto, cos cales mantivo despois correspondencia.