Schutzstaffel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: sq:SS
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 5:
As SS creáronse en [[1925]] como unha unidade de garda persoal para o líder nazi [[Adolf Hitler]]. Baixo o liderado de [[Heinrich Himmler]] entre [[1929]] e [[1945]], as SS medraron dunha pequena formación paramilitar ata converterse nunha das máis grandes e poderosas organizacións na [[Alemaña]] nazi. Os nazis fixeron das SS unha unidade de élite, a "[[Garda Pretoriana]]" do partido, cos seus membros escollidos baixo os seus principios de pureza racial e cunha lealdade incondicional cara o [[Partido Nazi]].
 
A diferencia co brazo político das SS, o ''[[Allgemeine-SS]]'', o seu aparato militar, a ''[[Arma SS|Waffen-SS]]'', evoluíu cara un segundo exército alemán xunto coa ''[[Wehrmacht]]'', operando en colaboración co exército regular, o ''[[Wehrmacht Heer|Heer]]''. A ''[[Arma SS|Waffen-SS]]'' gañou a reputación ao ter bos soldados, pero tamén gañou notoriedade pola súa excesiva brutalidade contra civís e prisioneiros de guerra. Os membros das ''Waffen-SS'' axudaron a esmagar o levantamento do [[Gueto de Varsovia]], no que participaron numerosos xudeus polacos, e aniquilaron a uns cantos prisioneiros de guerra norteamericanos preto da cidade belga de [[Malmedy]] durante a [[Batalla das Ardenas]] en [[1944]].
 
As SS tiñan o seu propio sistema de rangos militares, diferente aos da ''[[Wehrmacht]]'', aos do [[NSDAP]] ou aos de outras estructuras estatais. Tiñan tamén as súas propias insignias e uniformes.
 
Para manter o poder político do [[NSDAP]], se lles otorgou ás SS a autoridade de establecer e promover o ''[[Sicherheitsdienst]]'' ou SD, o servizo de intelizencia e seguridade, e a ''Geheime Staatspolizei'', máis coñecida como a [[Gestapo]], a policía segreda do Estado nazi. Isto fixo que as SS se mantivesen por riba da lei.
 
[[Categoría:Forzas armadas da Alemaña nazi]]