Teodomiro (rei suevo): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Woden (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 9:
*Consolidación da expansión sueva coa incorporación das áreas de influencia de [[Astorga]] e [[Coimbra]]
*A convocatoria dos [[Concilios de Braga]] a modo de asembleas de goberno non só en asuntos relixiosos senón especificamente temporais.
*A organización territorial a través da estruturación da dependencia das entidades de poboación ([[parroquia]]s) a osaos diferentes bispados (concretado na ''[[Divisio Theodemiri]]'', a "división de Teodomiro", ou ''[[Parochiale suevorum]]'').
*A cristianización das masas de labregos aínda ancoradas nun [[paganismo]] ancestral de claro sabor céltico.
*A busca da cohesión social mediante o combate da [[herexía]] [[arianismo|ariana]] que profesaba o [[reino visigodo]] de [[Hispania]] e o [[priscilianismo]] seguido por importantes capas da poboación que non recoñecían a autoridade dos bispos de obediencia romana.
*A lexitimación da monarquía perante as elites de orixe galaico-romana mediante o seu papel de protector da Igrexa desempeñando un rol con ecos propios de [[Bizancio]], con quen probablemente mantivo contactos amistosos.
*A difusión da cultura a través do impulso de escolas dependentes dos [[mosteirosmosteiro]]s e focos de formación como o cenobio de [[Dumio]] fundado por [[San Martiño Dumiense]].
*Unha política exterior pacífica sen enfrontamento co [[visigodos|reino visigodo]] veciño e dentro da órbita da nova orde emanada do [[Imperio bizantino]] de [[Xustiniano]].
 
O seu reinado marcou un fito de estabilidade e esplendor do ''Galliciense regnum'', do que nos quedaron testemuños nas propias fontes históricas galaicas e hispánicas e nas crónicas francas.