Resposta sexual humana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Comezo
 
Xoacas (conversa | contribucións)
Amplío
Liña 29:
 
=== Meseta ===
Fase na que a excitación acada o máximo nivel, intensifícanse os cambios producidos durante a fase de excitación. O corpo prepárase para a chegada do orgasmo.
 
=== Orgasmo ===
{{AP|Orgasmo}}
 
Durante esta fase o nivel de excitación chega ó máximo, libérase toda a tensión acumulada e experiméntanse sensacións moi pracenteiras.
 
O [[orgasmo]] é a fase que menos tempo dura (entre 3 e 10 segundos), e varía moito dunha persoa a outra. A vivencia é moi semellante para homes e para mulleres. Así, o orgasmo feminino iníciase cunhas contraccións rítmicas dos músculos que rodean a vaxina, el [[útero]] e o [[ano]], que producen unha sensación agradable e intensa que se estende a todo o corpo. Se a estimulación continúa, a muller pode experimentar máis dun orgasmo consecutivo. O orgasmo masculino é moito máis estereotipado que o feminino e adoita rematar en [[exaculación]]. A exaculación sucede en dúas fases:
 
* Emisión: o seme transpórtase á parte posterior da uretra; coñécese tamén como "punto de non retorno", ou momento a partir do cal xa non é posible deter a exaculación.
* Exaculación: contraccións rítmicas da [[próstata]], do corpo do pene e dos músculos de arredor, que fan que o [[seme]] saia ó exterior e xeran as sensacións pracenteiras que constitúen o orgasmo.
 
O tempo que precisa un home para poder volver a ter outro orgasmo chámase [[período refractario]], e é o necesario para que o seu organismo se recupere. Varía dunhas persoas a outras, dunha situación a outra, e coa idade este tempo aumenta.
 
=== Resolución ===