Eli Lilly: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 7:
A súa empresa resultou exitosa e ao pouco tempo consiguíu benestar económico, despois de realizar numerosos avances na fabricación de productos medicinais. Dous dos primeiros adiantos que promoveu foron a creación de cápsulas de xelatina para conter medicamentos e a mestura de menciñas líquidas con un saborizante frutal. Eli Lilly and Company foi unha das primeras empresas farmacéuticas da súa clase, creando como parte da súa organización un departamento de investigación e implementando numerosas medidas para garantir a calidade.
 
=== Filantropía ===
Lilly utilizou a súa riqueza para comprometerse en numerosas causas filantrópicas. En [[1890]] cedeu a dirección da empresa ao seu fillo para poder adicarse ás súas actividades de caridade e de progreso cívico como actividade principal. Axudou a fundar a organización que se convertiría na Cámara de Comercio de Indianápolis, foi o patrocinador principal da sucursal de Indiana da Charity Organization Society e financiou persoalmente a creación do hospital para nenos da cidade, que despois foi ampliado polo estado para converterse no James Whitcomb Riley Hospital for Children. Seguiu participando activamente con moitas organizacións ata a súa morte a causa do [[cancro]] en [[1898]].