Eli Lilly: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
de es.wiki
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Colonel eli lilly in 1885-enhanced.jpg|thumb|right|Lilly en 1885.]]
'''Eli Lilly''', nado en [[Baltimore]] o [[8 de xullo]] de [[1838]] e finado en [[Indianapolis]] o [[6 de xuño]] de [[1898]] foi un militar, químico, farmacéutico, industrial e empresario [[estadounidense]]. É coñecido por ser o fundador da corporación farmacéutica ''[[Eli Lilly and Company]]''.

== Traxectoria ==
Alistouse no [[Exército da Unión]] durante a [[Guerra Civil Estadounidense|Guerra de Secesión]] e recrutou un grupo de homes para formar unha batería de artillería. Posteriormente foi ascendido a coronel e deuselle o mando dunha unidade de cabaleiría. Preto do final da guerra foi capturado e permaneceu prisioneiro ata que esta rematou. Máis tarde intentou controlar unha prantación en [[Misisipi]], pero fracasou e retomou a súa profesión de farmacéutico despois da morte da súa esposa. Volveu a casar e traballou en varias farmacias antes da apertura do seu propio negocio en [[1876]], con proxectos para fabricar menciñas e comercializalas ao por maior.
 
A súa empresa resultou exitosa e ao pouco tempo consiguíu benestar económico, despois de realizar numerosos avances na fabricación de productos medicinais. Dous dos primeiros adiantos que promoveu foron a creación de cápsulas de xelatina para conter medicamentos e a mestura de menciñas líquidas con un saborizante frutal. Eli Lilly and Company foi unha das primeras empresas farmacéuticas da súa clase, creando como parte da súa organización un departamento de investigación e implementando numerosas medidas para garantir a calidade.