Eli Lilly: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Imaxe substituído por unha versión restaurada
Beninho (conversa | contribucións)
de es.wiki
Liña 1:
[[Ficheiro:Colonel eli lilly in 1885-enhanced.jpg|thumb|right|Lilly en 1885.]]
'''Eli Lilly''', nado en [[Baltimore]] o [[8 de xullo]] de [[1838]] e finado en [[Indianapolis]] o [[6 de xuño]] de [[1898]] foi un militar, químico, farmacéutico, industrial e empresario [[estadounidense]]. É coñecido por ser o fundador da corporación farmacéutica ''[[Eli Lilly and Company]]''. Alistouse no [[Exército da Unión]] durante a [[Guerra Civil Estadounidense|Guerra de Secesión]] e recrutou un grupo de homes para formar unha batería de artillería. Posteriormente foi ascendido a coronel e deuselle o mando dunha unidade de cabaleiría. Preto do final da guerra foi capturado e permaneceu prisioneiro ata que esta rematou. Máis tarde intentou controlar unha prantación en [[Misisipi]], pero fracasou e retomou a súa profesión de farmacéutico despois da morte da súa esposa. Volveu a casar e traballou en varias farmacias antes da apertura do seu propio negocio en [[1876]], con proxectos para fabricar menciñas e comercializalas ao por maior.
 
A súa empresa resultou exitosa e ao pouco tempo consiguíu benestar económico, despois de realizar numerosos avances na fabricación de productos medicinais. Dous dos primeiros adiantos que promoveu foron a creación de cápsulas de xelatina para conter medicamentos e a mestura de menciñas líquidas con un saborizante frutal. Eli Lilly and Company foi unha das primeras empresas farmacéuticas da súa clase, creando como parte da súa organización un departamento de investigación e implementando numerosas medidas para garantir a calidade.
 
Lilly utilizou a súa riqueza para comprometerse en numerosas causas filantrópicas. En [[1890]] cedeu a dirección da empresa ao seu fillo para poder adicarse ás súas actividades de caridade e de progreso cívico como actividade principal. Axudou a fundar a organización que se convertiría na Cámara de Comercio de Indianápolis, foi o patrocinador principal da sucursal de Indiana da Charity Organization Society e financiou persoalmente a creación do hospital para nenos da cidade, que despois foi ampliado polo estado para converterse no James Whitcomb Riley Hospital for Children. Seguiu participando activamente con moitas organizacións ata a súa morte a causa do [[cancro]] en [[1898]].
 
Foi defensor da regulación federal da industria farmacéutica e moitas das reformas que suxeriu foron promulgadas como lei en [[1906]], causando a creación da Food and Drug Administration (FDA). Tamén estivo entre os pioneiros do concepto de prescripción e axudou a crear o que se convertiría en práctica común de dar menciñas adictivas ou perigosas só a quen primeiro consultara a un médico. A empresa que fundou converteuse dende entón nunha das corporacións farmacéuticas máis grandes e máis influintes no mundo, así como a corporación máis grande de [[Indiana]]. Co patrimonio que xerou, o seu fillo e netos crearon a fundación Lilly Endowment para continuar coa súa herdanza filantrópica. A fundación é considerada un dos benefactores máis grandes do mundo, en termos de activos e donacións.
 
== Véxase tamén ==