Aneis de Poder: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Manudosde (conversa | contribucións)
Liña 14:
==Literatura==
===Historia===
Logo da derrota de [[Morgoth]], [[Sauron]] suplicou o perdón dos [[Vala|Valar]], mais incumpriu a súa promesa de se someter ao seu xuízo e fuxiu. Ao longo da [[Segunda Idade]], presentouse disfrazado cunha fermosa forma e co nome de ''Annatar'', Señor dos Agasallos, aos xefes dos [[Eldar (Terra Media)|Eldar]] que aínda ficaban na Terra, ofrecéndolles axuda. [[Galadriel]], [[Gil-galad]] e mais [[Círdan]] desconfiaban del, mais os ferreiros de [[Eregion]] aceptárono de bo grao, ansiosos por acrecentar os seus coñecementos e habilidades técnicas. Segundo o Apéndice B d' ''[[O señor dos aneis]]'', a forxa dos Aneis de Poder comezou arredor de 1500 S.I. Os Sete e os Nove Aneis foron forxados polos Elfos coa axuda directa de Sauron. Os Tres Aneis, os máis poderosos dos aneis élficos, foron forxados por [[Celebrimbor]], neto de [[Fëanor]] e líder dos ferreiros de Eregion. Conseguiu fabricalos el só, sen a axuda de Sauron mais grazas a coñecementos obtidos del, e rematounos arredor de 1590 S.I. Amais, dáse a entender claramente que se forxaran tamén otros aneis menores, con poderes máis limitados e indefinidos.
 
Sauron forxou o derradeiro anel, o [[Anel Único]] ou Anel Dominante, en segredo nos lumes do [[Orodruin|Monte do Destino]] de [[Mordor]] en 1600 S.I., transmitíndolle unha grande parte do seu poder. O seu papel era dominar os demais aneis e os seus poderes, e someter os pensamentos e as vontades dos seus portadores ao seu escrutinio e control. Porén, así como Sauron puxo o Anel único, os Elfos percibírono e, comprendendo inmediatamente o seu propósito, quitaron os seus aneis.