Mary Shelley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.5.2) (bot Engadido: zh-yue:瑪莉雪萊
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.5.2) (bot Modificado: ru:Шелли, Мэри; cambios estética
Liña 3:
'''Mary Wollstonecraft Shelley''', nada en [[Londres]] o [[30 de agosto]] de [[1797]] e finada na mesma cidade o [[1 de febreiro]] de [[1851]], foi unha [[escritor]]a [[Reino Unido|británica]]. Filla do [[filósofo]] [[William Godwin]] e da pedagoga e escritora [[Mary Wollstonecraft]], casada co famoso [[poeta]] [[Romanticismo|Romántico]] [[Percy Bysshe Shelley]]. A súa obra principal é ''[[Frankenstein (novela)|Frankenstein, ou o moderno Prometeo]]'' pero tamén escribiu outras como ''O Último home'' ou ''Perkin Warbeck''.
 
== Traxectoria ==
=== Infancia e formación ===
Foi a segunda filla da famosa feminista [[Mary Wollstonecraft]] e do famoso filósofo libertario [[William Godwin]]. A súa nai morreu once días logo do seu nacemento e o seu pai casou pronto de novo. Baixo a súa tutela Mary recibiu unha excelente educación, pouco usual nas mulleres da época. Mary coñeceu a [[Percy Bysshe Shelley]], un político radical e librepensador coma o seu pai. Percy descontento co seu matrimonio, pronto comezou a visitar a Godwin con moita frecuencia. No verán de [[1814]] el e Mary (con só 16 anos) namoráronse. A parella fuxiu a Francia xunto coa media irmá de Mary, [[Jane Clairmont]] un 27 de Xullo. Esta foi a segunda fuxida do poeta, posto que xa con a súa anterior esposa Harriet escapouse facía tres anos. Á súa volta semanas máis tarde, a parella descubriu desencantada que as conviccións de Godwin sobre o [[amor libre]] non eran aplicables á súa filla.
 
Mary atopou consolo nos seus estudos e en Percy, quen sempre sería, malia a desilusión e a traxedia, o amor da súa vida. Percy, tamén, estaba satisfeito coa súa parella neses primeiros anos. Compracíase de que Mary puidese "sentir a poesía e entender a filosofía" - aínda que, como Harriet antes que ela, se opuxese á vontade do seu marido de compartila co seu amigo [[Thomas Hogg]]. Mary aprendeu así que a lealdade de Percy cara aos ideais do amor libre entraban en conflito coa procura do "verdadeiro amor", que tanto expresaba nos seus poemas.
 
=== Gusto pola literatura ===
Mary e Percy compartían o gusto polas linguas e a literatura. Gozaban lendo e discutindo libros xuntos, como os clásicos que Percy traera ao seu regreso a Londres ao final do ano. Foi nesta época cando el escribiu ''Alastor, or The Spirit of Solitude'' na que se mostra partidario de manter o "doce amor humano".
 
=== Proceso do ''Frankenstein'' ===
En maio de 1816, a parella, xunto con Jane (agora Claire) Clairmont, viaxaron ao lago Geneva para veranear xunto ao famoso e polémico poeta Lord Byron, cuxo recente romance con Claire deixouna preñada e dalgún modo obsesionada con el. En canto a consideracións literarias, foi un verán moi produtivo. Percy empezou a traballar en 'Hymn To Intellectual Beauty'' e ''Mont Blanc''. Mary, mentres tanto, comezou a traballar na súa propia obra mestra.
 
Liña 21:
Mary incorporara varias fontes ao seu traballo, entre outra o mito de [[Ovidio]]. A influencia da obra de [[John Milton]] ''O paraíso perdido'', é do todo evidente. Mary e Percy eran vexetarianos e acérrimos defensores dos animais. As referencias ao [[vexetarianismo]] son constantes na súa obra. Por exemplo, na súa novela, a criatura era vexetariana.
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|Mary Shelley}}
 
Liña 74:
[[pt:Mary Shelley]]
[[ro:Mary Shelley]]
[[ru:Шелли, Мэри Уолстонкрафт]]
[[scn:Mary Shelley]]
[[sh:Mary Wollstonecraft Shelley]]