Franz Liszt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Woden (conversa | contribucións)
Woden (conversa | contribucións)
Liña 49:
Liszt falaba, na ''Terceira carta dun en musica'' así do seu instrumento preferido, o piano;
"no espazo de sete oitavas, apreixa toda a extensión dunha orquesta, e os dez dedos dun home só abondan para reproduci-las harmonias producidas por cen instrumentos concertantes". Isto permite comprender porque Liszt intentou durante toda a súa vida desenvolver ó máximo as capacidades expresivas dun instrumento co que tiña unha relación tan estreita como testemuña unha frase célebre súa: "O meu piano é para min o que unha fragata ó mariñeiro, o que é para un árabe o seu cabalo […], é a miña palabra, é a miña vida.
Esta concepción musical centrada no piano foi moi criticada a partir dos anos 1850 coa recuperación de formas de expresión musical daquela esquecidas. Liszt mesmo dubidou das súas crenzas como amosa a extensión do seu campo de miras o órgano (Misa de Gran) e á orquestra (13 [[Poemas sinfónicos (Liszt)|poemas sinfónicos). E por iso que a súa obra tan diversa non se pode reducir a o simple concepto da [[musica programática]]. Liszt foi un compositor que ampliou, con diversas innovacións, a súa paleta sonora.
 
== O estilo ==