Franz Liszt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: zh-yue:李斯特
Woden (conversa | contribucións)
Liña 18:
=== O compositor ===
 
Como o proba a súa correspondencia, Liszt foi un gran sedutor e tivo relacións con numerosas e célebres mulleres. Despois de se separar de Marie d'Agoult en [[1844]], coñeceu en [[Kiev]] en [[1847]] á princesa Carolyne Sayn-Wittgenstein que lle aconsellou deixar as súa carreira como concertista para consagrarse á composición. En [[1848]] instalouse en [[Weimar]] como mestre de capela do grande duque. Comeza entón un novo período durante o que compón os seus [[Poemas sinfónicos (Liszt)|poemas sinfónicos]], coa axuda do seu secretario particular Joseph Joachim Raff. Dirixe tamén os seus esforzos á dirección de obras dos seus contemporáneos. Ó seu redor xúntanse numerosos alumnos (entre eles Hans von Bülow), os que fixo descubrir as obras de [[Berlioz]], [[Wagner]] e [[Saint-Saëns]]. O seu talento e, sobre todo, as súas ideas innovadoras, que fixeron do Weimar desa época un centro de innovación e creación musicais, provocaron resistencias nos círculos máis conservadores o que o levou a dimitir do seu posto de mestre de capela o ano [[1858]]. Despois de intentar sen éxito obter do papa a nulidade do seu matrimonio Liszt e Carolyne Sayn-Wittgenstein separanse e Liszt toma ordes menores en [[1865]]. O compositor aproveita a estancia en [[Roma]] para descubrir a musique relixiosa do [[Renacemento]].
 
=== Os últimos anos ===