Primeira guerra carlista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
poño fotos
Liña 1:
[[Ficheiro:Carlos María Isidro de Borbón.png|thumb|left|130px|[[Carlos María Isidro de Borbón]]]]
[[Ficheiro:IsabellaII.png|thumb|right|130px|[[Isabel II de España|Sabela II]]]]
A '''Primeira Guerra Carlista''', tamén coñecida como '''Guerra dos Sete Anos''', desenvolveuse en [[España]] entre [[1833]] e [[1840]] entre os partidarios de [[Carlos María Isidro de Borbón]], coñecidos como [[carlismo|carlistas]] e partidarios dun réxime absolutista e [[Isabel II de España|Isabel II]], partidarios dun réxime [[liberalismo|liberal]].
<br style="clear:both" />
 
==Orixe==
En España estaba en vigor a Lei sálica dende comezo do [[século XVIII]] que prohibía reinar ás mulleres e aínda que [[Carlos IV de España|Carlos IV]] aprobou a Pragmática Sanción que derrogaba a lei sálica en [[1789]], pero que nunca se fixera efectiva. [[Fernando VII de España|Fernando VII]] que non tiña descendencia masculina, decidiu promulgala en [[1830]], co que a súa filla Isabel convertíase en herdeira ao trono. O irmán de Fernando VII, Carlos María Isidro de Borbón, ata entón herdeiro ao trono non recoñeceu a Isabel como princesa de Asturias e cando Fernando morreu o [[29 de setembro]] de [[1833]], Isabel foi proclamada raíña baixo a rexencia de [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias]].