Igrexa de Santa Mariña Dozo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
algo máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis, e retiro a marca "en uso"
Liña 1:
{{en uso}}
[[Ficheiro:Santa Mariña 02-01.JPG|thumb|300px|Santa Mariña Dozo]]
[[Ficheiro:Santa Mariña 02-07.JPG|thumb|300px|Vista lateral]]
[[Ficheiro:Santa Mariña 02-17.JPG|thumb|300px|De arriba abaixo, os apóstolos Santiago o Maior, Mateo, Pablo e Tomás]]
As ruínas da '''igrexa de Santa Mariña Dozo''', en [[Cambados]], son os restos que quedan dunha igrexa [[gótico|gótica]] construída no [[século XV]] por dona María de Ulloa, señora de Cambados e nai de Alonso III de Fonseca, sobre unha edificación [[románico|románica]] do [[século XII]]. Desde [[1943]] é [[Monumento Histórico-Artístico]].
 
Érguese na base do monte da Pastora, nas inmediacións dun antigo [[castro (poboado)|castro]]. É de estilo gótico mariñeiro con influencias [[renacemento|renacentistas]]. Comezou a construción Lope Sánchez de Ulloa, sendo a súa filla María de Ulloa quen a ampliou e rematou. Parece que tamén interviu na súa construción Xoana de Hungría, muller de Paio Gómez de Sotomayor, aínda que outros autores dubidan desta contribución. Algúns elementos decorativos poñen en evidencia que os mestres construtores pertencían ó círculo que traballaba en [[Santiago de Compostela|Santiago]], repetindo en Cambados os modelos utilizados, como tal, no [[Hospital dos Reis Católicos|Hospital Real de Santiago]].
 
O cardeal [[Jerónimo del Hoyo]] e [[Caamaño BournacelliBournacell]] datan o inicio da construción no [[século XV]], concretando este último nos anos 1470-1490. Outros autores (como A. del Castillo, [[Xosé Filgueira Valverde|Filgueira Valverde]], [[Xerardo Álvarez Limeses|Álvarez Limeses]]) dan diversas datas comprendidas entre [[1502]] e [[1541]]. No transcurso das obras de restauración de 1977 apareceu nunha das capelas laterais unha inscrición coa data de 1590, data que só indica que esa capela é posterior ás outras.
 
Da existencia da igrexa anterior hai constancia xa en 1421, segundo consta nun documento procedente da Casa de Lantaño no que se escritura a partición do porto de Cambados, e existe documentación anterior que menciona unha "''villa de Sta. Mariña''", que fai pensar nunha igrexa con esta advocación.
 
Tiña planta dunha soa [[nave (arquitectura)|nave]], da que se conservan catro [[arco (arquitectura)|arcos]] transversais, de medio punto, a [[ábsida]] e mais seis capelas laterais, da que unha cumpría funcións de sancristía. As dimensións son de 24 por 11,4 metros, sendo os tres primeiros tramos da nave máis anchos cós restantes. Na decoración dos arcos e das capelas destacan os [[relevo]]s da Visitación, Cristo e os doce apóstolos, a Expulsión do Paraíso e as imaxes dos sete Pecados capitais. Na clave dun dos arcos destaca o relevo da Preguiza, representada por un home que, coa cabeza entre as pernas, aliméntase dos seus propios excrementos. Especial interese ten a imaxe da capela de Santa Catarina.
 
A ábsida, de planta cadrada, ábrese cun arco apuntado e posúe [[bóveda de crucería]] cun sol, que representa a Cristo, na clave. Quedan aínda algúns restos, moi deteriorados, das pinturas murais do [[século XVI]] que recubrían as paredes ata a liña da imposta. López Ferreiro di o seguinte sobre estas pinturas: "''A pesar de su pésimo estado de conservación, aún es dado mobservarobservar el vigor de los tonos y la suavidad y armonía del colorido''". No primeiro tramo da nave había dous altares de pedra con retablos de cantería. Na sancristía, no lado da epístola da capela maior, existen tamén restos de pinturas murais e houbo un Calvario nunha fornela que se coñece porque foi descrito por [[Antonio López Ferreiro|López Ferreiro]]. Na fachada existía un rosetón, desaparecido a principios do [[século XX]]: López Ferreiro descríbeo en [[1897]] pero Álvaro de la Iglesia menciona que os restos estaban ciscados polo chan da igrexa. Consérvase tamén unha das torres da fachada.
 
Esta sancristía, o mesmo cás cinco capelas, foron construídas con posterioridade ó corpo principal da igrexa, encaixándoas entre os contrafortes. As dúas primeiras, unha a cada lado contando desde o pé da igrexa, so teñen uns 2 metros de profundidade e fan pensar nun uso meramente funerario; poden datarse no segundo tercio do século XVI e existe documentación de 1549 que avala a existencia de, canto menos, unha capela, a de Alonso Fariña, veciño de Pontevedra, para a que se encarga nesa data a construción dun retablo. A capela da Encarnación, no lado Norte, é a que aparece datada en 1590, se ben contén pezas decorativas anteriores. Unha última capela foi construída cara 1600.
 
O adro e os laterais da igrexa están completamente ocupados polo [[cemiterio]] parroquial, do que [[Álvaro Cunqueiro|Cunqueiro]] dixo que era "''o máis melancólico camposanto do mundo''". Hoxe, as tumbas invaden xa o interior das ruínas.