Igrexa de Santa Mariña Dozo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
algo máis
Liña 6:
Érguese na base do monte da Pastora, nas inmediacións dun antigo [[castro (poboado)|castro]]. É de estilo gótico mariñeiro con influencias [[renacemento|renacentistas]]. Comezou a construción Lope Sánchez de Ulloa, sendo a súa filla María de Ulloa quen a ampliou e rematou. Parece que tamén interviu na súa construción Xoana de Hungría, muller de Paio Gómez de Sotomayor, aínda que outros autores dubidan desta contribución. Algúns elementos decorativos poñen en evidencia que os mestres construtores pertencían ó círculo que traballaba en [[Santiago de Compostela|Santiago]], repetindo en Cambados os modelos utilizados, como tal, no [[Hospital dos Reis Católicos|Hospital Real de Santiago]].
 
O cardeal [[Jerónimo del Hoyo]] e Camaño[[Caamaño Bournacelli]] datan o inicio da construción no [[século XV]], concretando este último nos anos 1470-1490. Outros autores (como A. del Castillo, [[Xosé Filgueira Valverde|Filgueira Valverde]], [[Xerardo Álvarez Limeses,|Álvarez Caamaño MartínezLimeses]]) dan diversas datas comprendidas entre [[1502]] e [[1541]]. NunhaNo transcurso das capelasobras lateraisde restauración de 1977 apareceu nunha das capelas laterais unha inscrición coa data de 1590, data que só indica que esa capela é posterior ás outras.
 
Tiña planta dunha soa [[nave (arquitectura)|nave]], da que se conservan catro [[arco (arquitectura)|arcos]] transversais, de medio punto, a [[ábsida]] e mais seis capelas laterais, da que unha cumpría funcións de sancristía. As dimensións son de 24 por 11,4 metros, sendo os tres primeiros tramos da nave máis anchos cós restantes. Na decoración dos arcos e das capelas destacan os [[relevo]]s da Visitación, Cristo e os doce apóstolos, a Expulsión do Paraíso e as imaxes dos sete Pecados capitais. Na clave dun dos arcos destaca o relevo da Preguiza, representada por un home que, coa cabeza entre as pernas, aliméntase dos seus propios excrementos. Especial interese ten a imaxe da capela de Santa Catarina.
 
A ábsida, de planta cadrada, ábrese cun arco apuntado e posúe [[bóveda de crucería]] cun sol, que representa a Cristo, na clave. Quedan aínda algúns restos, moi deteriorados, das pinturas murais do [[século XVI]] que recubrían as paredes ata a liña da imposta. López Ferreiro di o seguinte sobre estas pinturas: "''A pesar de su pésimo estado de conservación, aún es dado mobservar el vigor de los tonos y la suavidad y armonía del colorido''". No primeiro tramo da nave había dous altares de pedra con retablos de cantería. Na sancristía, no lado da epístola da capela maior, existen tamén restos de pinturas murais e houbo un Calvario nunha fornela que se coñece porque foi descrito por [[Antonio López Ferreiro|López Ferreiro]]. EstaNa sancristía,fachada oexistía mesmoun cásrosetón, cincodesaparecido capelas,a foronprincipios construídasdo con[[século posterioridadeXX]]: óLópez corpoFerreiro principaldescríbeo daen igrexa,[[1897]] encaixándoaspero entreÁlvaro osde contrafortes.la NaIglesia fachadamenciona existíaque unos rosetón,restos desaparecidoestaban aciscados principiospolo dochan [[séculoda XX]]igrexa. Consérvase tamén unha das torres da fachada.
 
Esta sancristía, o mesmo cás cinco capelas, foron construídas con posterioridade ó corpo principal da igrexa, encaixándoas entre os contrafortes. As dúas primeiras, unha a cada lado contando desde o pé da igrexa, so teñen uns 2 metros de profundidade e fan pensar nun uso meramente funerario; poden datarse no segundo tercio do século XVI. A capela da Encarnación, no lado Norte, é a que aparece datada en 1590, se ben contén pezas decorativas anteriores. Unha última capela foi construída cara 1600.
 
O adro e os laterais da igrexa están completamente ocupados polo [[cemiterio]] parroquial, do que [[Álvaro Cunqueiro|Cunqueiro]] dixo que era "''o máis melancólico camposanto do mundo''". Hoxe, as tumbas invaden xa o interior das ruínas.