Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
Membro de [[Coalición Galega]] (CG) desde a súa fundación, ocupou o cargo de secretario do partido na área de Acción Municipal en [[1985]]. Nas [[eleccións autonómicas de 1985]] foi elixido como deputado por esta formación. Dous anos despois, en xaneiro de [[1987]] foi impulsor e membro fundador do [[Partido Nacionalista Galego]] (PNG), organización creada como escisión de Coalición Galega. Este novo partido foi peza chave na moción de censura contra [[Xerardo Fernández Albor]] que levou á [[presidentes da Xunta|presidencia da Xunta]] o socialista [[Fernando González Laxe]]. Nese primeiro goberno tripartito Xosé Henrique Rodríguez Peña foi nomeado conselleiro de Pesca.
 
En [[1989]] non sae elixido deputado no [[Parlamento de Galicia]]. A partir dese momento o PNG-PG inicia as xestións para incorporarse no seo do [[BNG]]. Nas [[eleccións municipais de 1991]] saíu escollido concelleiro na lista do [[BNG]] por [[Ourense]] e econverteuseconverteuse en voceiro dos nacionalistas no consistorio.
 
O [[7 de xuño]] de [[1992]] foi elixido secretario xeral do Partido Nacionalista Galego durante a celebración do seu IV Congreso. Nas [[eleccións autonómicas de 1993]] foi escollido deputado por Ourense, que revalidou nas [[eleccións autonómicas de 1997|1997]] e [[eleccións autonómicas de 2001|2001]].