Diferenzas entre revisións de «Cardeal Richelieu»

 
===Política interior===
Nese cargo, acometeu unha forte centralización do poder, dando orixe ao célebre [[centralismo]] francés propio da [[monarquía absoluta]] e seguido polas faccións dominantes tras a revolución francesa. Nesta liña acabou violentamente co que consideraba un Estado protestante dentro da monarquía francesa. Combateu coas armas os [[hugonotehugonotes]]s ripándolles as súas prazas fortes e a súa organización autónoma. O feito de armas máis célebre foi a toma de La Rochelle en [[1628]], onde dirixiu persoalmente as operacións militares construído un dique mediante un alarde de enxeñería bélica que illou á cidade do mar. As hostilidades cos hugonotes remataron mediante a imposición da paz de Alais de 28 de xuño de [[1629]] na que se garantía a liberdade relixiosa recoñecida por [[Henrique IV]] no [[Edicto de Nantes]], pero desartellando todo poder político protestante.
 
Así mesmo, esvaiu os núcleos de poder da nobreza, tanto territorial como cortesano, emprendendo unha dura represión contra as conxuras e as resistencias ás súas medidas. Os intendentes reais impoñían o seu poder gobernativo sobre os poderes nobiliarios locais e xeraron un enorme descontento. O propio irmán do rei [[Gastón de Orleáns]], quen cualificou a Richelieu de ''formidable tirano'', alentou un levantamento en [[Languedoc]] dirixido polo duque de Montmorency. A rebelión foi esmagada e o duque decapitado o 30 de outubro de [[1632]].
Fundou a [[Academia Francesa]] como elemento clave da identidade cultural e simbólica da monarquía francesa e mandou erguer a [[Universidade da Sorbona]] e o [[Palacio Real de París]].
 
Os gastos da monarquía xeraron unha forte presión fiscal. O imposto directo nominal, a talla, chegou a triplicarse e a deducción da renta bruta das terras achegouse ao 13 por cento. Isto, unido a un crónico estado de guerra, trouxo a fame e as plagas asi como grandes bolsas de pobreza. Tal estado de cousas ocasionou a eclosión de movementos relixiosos de atención aos desfavorecidos como as irmandades e conferencias de [[Vicente de Paúl]], a quen nalgún momento Richelieu apoiou, pero a quen lle fixo caso omiso na súa reclamación dunha política de pacificación.
 
===Política exterior===
Usuario anónimo