Estado soberano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Woden (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Woden (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Un '''estado soberano''' é un [[estado]] cun territorio definido sobre o cal exerce unha [[soberanía]] interna e externa, unha [[poboación]] permanente, un [[goberno]], independencia doutros estados e poders, e a capacidade de establecer [[Relacións internacionais|relacións]] con outros estados soberanos.<ref>Malcolm Nathan Shaw (2003), ''International law'', Cambridge University Pres, páxina 178, ''O artigo 1 da [[Convención de Montevideo]] de 1933 sobre dereitos e deberes dos estados, establece a formulación máis amplamente aceptada dos criterios sobre o que é un estado na lei internacional. Afirma que un estado coma persoa internacional debería posuir as seguintes cualidades: '(a) unha poboación permanente; (b) un territorio definido; (c) goberno; e (d) capacidade para establecer relacións con outros estados' ''<br>Nandasiri Jasentuliyana (1995), ''Perspectives on international law'', Kluwer Law International, páxina 20, ''No tocante aos estados, as definicións tradicionais proporcionadas pola Convención de Montevideo seguen a ser xeralmente aceptadas.''</ref>
 
O goberno dun estado soberano ostenta o título legal de todo o seu territorio. Soe entenderse tamén que non depende nin está suxeito a calquer outro poder ou estado.<ref>{{cita libro |título=Elements of international law: with a sketch of the history of the science |autor= Henry Wheaton |publicación=Carey, Lea & Blanchard |ano=1836 |páxinas=51 |cita=Un estado soberano defínese xeralmente coma unha persoa ou nación, sexa cal sexa a súa forma de constitución interna, que se goberna independentemente de poderes estranxeiros.}}<br>{{cita |título=sovereign |obra=The American Heritage Dictionary of the English Language |edición=4ª |editor=Houghton Mifflin Company |ano=2004 |url=http://dictionary.reference.com/browse/sovereign |cita=adj. 1. Self-governing; independent: a sovereign state.}}</ref> Aínda que conceptualmente un estado soberano pode existir sen ser recoñecido por outros estados soberanos, para os estados non recoñecidos adoitan ser difícil exercer os poderes para facer tratados e os engranaxes das relacións diplomáticas con outros estados soberanos.
 
==Historia==
Desde finais do [[século XIX]], case toda a terra habitable está parcelada en áreas con limítes máis ou menos definidos reclamados por diferentes estados. Anteriormente, existían grandes áreas que non foran reclamadas ou habitadas, ou estaban habitadas por pobos [[nomadismo|nómadas]] que non estaban organizados coma estados. Sen embargo, incluso nos estados actuais existen enormes áreas salvaxes, como a [[Amazonas|selva amazónica]], que ou non están habitadas ou o están por [[pobo indíxena|pobos indíxenas]]. Existen, ademais, estados que non controlan ''de facto'' todo o territoro reclamado ou no que este control está discutido (coma en [[Somalia]]).
 
Na actualidade, a comunidade internacional comprende máis de 200 estados soberanos, a gran parte dos cales está representado na [[ONU]]. Estes estados forman o que os teóricos das [[relacións internacionais]] chaman ''sistema'', onde cada estado ten en conta o comportamento dos outros estados para tomar as súas decisións. Desde este punto de vista, os estados intéfranse nun sistema internacional para abordar a seguridade interior e exterior e os conflitos de lexitimidade. Recentemente, desenvolveuse a noción de [[comunidade internacional]] para referirse ao grupo de estados que estableceron regras, procedementos e institucións para dirixir as súas relacións.
 
==Notas==