Cabra montesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Wutsje (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 83.45.253.166 (conversa); cambiado á última versión feita por Hugo22
Liña 18:
* '' [[Capra pyrenaica pyrenaica|C. pyrenaica pyrenaica]]''; extinta ([[2000]])
* ''[[Capra pyrenaica victoriae|C. pyrenaica victoriae]]''
| range_map=BandeiraDist galegaHirco nacionalistaGZ.svg
| range_map_caption = Distribución ''Capra pyrenaica victoriae''
}}
A '''cabra montesa''' ou '''hirco''' (''Capra pyrenaica'') é unha das [[especie]]s de [[bóvido]]s do [[Xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Capra]]'' que existen en [[Europa]], sendo as outras o [[íbice]] ou cabra dos [[Alpes]], as cabras salvaxes do [[Cáucaso]] e a [[cabra]] doméstica. Trátase dun [[endemismo]] que actualmente non se atopa fóra das áreas montañosas de [[España]].
 
== Descrición ==
A cabra montesa é unha especie con forte [[dimorfismo sexual]], do mesmo xeito que moitos outros bóvidos. As femias miden uns 1,20 [[metro]]s de longo e 60 cm de altura na cruz, pesando entre 30 e 45 [[quilo]]s de peso. Teñen cornos bastante curtos e parécense bastante a unha cabra doméstica.
 
Os machos, en cambio, poden chegar aos 148 centímetros de longo e ter unha altura de 77 centímetros na cruz, acadando un peso máximo de 110 quilos. Os cornos dos machos son notablemente grosos e poden chegar a ser o triplo de longos que os das femias. Están máis separados entre si cós cornos doutras especies do xénero ''Capra''. Os machos adultos teñen tamén unha cara máis alongada e a típica ''barba de chivo'' escura baixo a mandíbula.
 
A cor e lonxitude da pelaxe varía segundo as [[subespecie]]s e a época do ano, tornándose máis longa e grisácea no [[inverno]]. Tralas mudas de pelo de [[abril]] e [[maio]], a cor é parda ou canela, con manchas escuras na parte inferior das patas que nos machos adultos poden espallarse cara aos costados, ombreiros e ventre. A parte central deste é branca en ambos sexos, e a cola negra e curta (12-13 cm).
 
== Hábitos ==
Esta especie desenvólvese por igual de día e de noite, aínda que as súas máximas horas de actividade localízanse pola mañá e a finais da tarde, preto do solpor. No inverno desenvolven a súa actividade nas horas centrais do día, que é cando fai máis calor.
 
Son animais sociables, pero cambian a miúdo de manada. Esta pode estar constituída por machos adultos, femias coas seus años ou adolescentes de ambos sexos (neste último caso, só durante o verán). Os machos e as femias adultas reúnense na época de celo, nos meses de [[novembro]] e [[decembro]] -caracterizados polos violentos combates cabeza contra cabeza dos machos- e os años (un por parto) nacen todos en [[maio]].
 
Habitan tanto en bosques como en extensións herbáceas, en cotas montañosas de entre 500 e 2.500 metros de altura. A dieta é predominantemente herbácea, aínda que no inverno tórnase máis arbustiva. Se é necesario, excavan na neve para acceder ata a vexetación.
 
== Subespecies ==
Coñécense catro subespecies de cabras montesas, dúas das cales extinguíronse en tempos recentes. No entanto, varios autores puxeron en dúbida a súa validez.<ref>[http://www.bucknell.edu/msw3/browse.asp?ide=14200785 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. ''Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference'' (3rd ed).]</ref> Estas subespecies son as seguintes:
 
* ''[[Capra pyrenaica lusitanica]]''. Distribuída orixinalmente polas montañas fronteirizas entre [[Galicia]] e [[Portugal]], extinguiuse en [[1892]] na [[Serra de Geres]] (Portugal).
* ''[[Capra pyrenaica pyrenaica]]'', subespecie-tipo atopada orixinalmente nos [[Pirineos]] franceses e españois, chamada popularmente ''[[Bucardo]]''. O derradeiro exemplar morreu en [[xaneiro]] de [[2000]].
* ''[[Capra pyrenaica hispanica]]'', cunha distribución punteada que se estende polas cordilleiras próximas ao [[Mar Mediterráneo]]. Acada a súa maior concentración en [[Serra Nevada (España)|Serra Nevada]].
* ''[[Capra pyrenaica victoriae]]'', distribuída de forma desigual nas cordilleiras do centro e norte de España. A súa principal poboación está na [[Serra de Gredos]], onde moran uns 10.000 exemplares. Subespecie cinexética, baixo certas restricións.
[[Ficheiro:Iberian_Ibex.png|thumb|560 px|center|Subespecies segundo [[Anxo Cabrera Latorre|Cabrera]] (1914):A: C. p. pyrenaica, B: C. p. victoriae, C: C. p. hispanica, D: C. p. lusitanica]]
[[Ficheiro:Naturaleza Casas del Conce.jpg|thumb|200 px|Exemplar na [[provincia de Salamanca]]]]
 
== Estado de conservación ==
A cabra montesa conta con [[lobo]]s, [[oso pardo europeo|osos]] e [[aguia]]s como [[depredación|depredadores]] naturais, pero estes desapareceron nos últimos tempos de amplas zonas da súa área de distribución. A caza desta especie por parte do [[home]] producíase xa na [[Prehistoria]], primeiro a cargo do [[home de Neandertal]] e dende hai 40-35.000 anos, pola especie humana. Son abondosos os seus restos nas covas paleolíticas e aparece representada con frecuencia nas [[pintura rupestre|pinturas rupestres]] de toda a [[Península Ibérica]].
 
Coa introdución da [[agricultura]] e o aumento da poboación humana (e con iso, da caza), a súa poboación desapareceu de varias zonas e noutras minguou ostensiblemente. En tempos recentes, o feito de ser unha especie única no mundo, endémica da Península, converteuna nunha cobizada especie de caza maior. Tense constancia da chegada expresa de cazadores procedentes de [[Francia]] e o [[Reino Unido]] durante os séculos [[século XIX|XIX]] e [[século XX|XX]], especialmente ao Pirineo, buscando unicamente a morte dalgún exemplar e os seus valiosos cornos como trofeo.
 
Xa a finais do [[século XIX]], a poboación de cabra montesa estaba en rápida regresión, téndose extinguido a subespecie galega-portuguesa. [[Afonso XIII de España]] creou en [[1905]] o Refuxio Real de Caza da Serra de Gredos para limitar a caza deste animal na zona e salvar así á entón reducida poboación local, pero non tomou maiores medidas polo salvamento da especie. Non foi ata [[1950]] cando comezaron a crearse numerosas reservas para protexer a cabra montesa, aínda que en moitos casos non se crearon políticas axeitadas ao efecto. A [[extinción]] recente do bucardo débese en boa medida a iso, reducido a só 20 exemplares en [[1970]] e condenado xa que logo á desaparición nunhas poucas décadas. A falta de cabras montesas para as cacerías intentou cubrirse durante o tardo[[franquismo]] coa introdución doutros bóvidos foráneos, coma o [[muflón]] e o [[arruí]], especies que tiveron un impacto desigual sobre a flora e fauna local e nalgúns casos puxeron aínda máis en apretos á cabra montesa, pois compiten con ela polos mesmos recursos.
 
A [[Xunta de Galicia]] leva a cabo un plan de reintrodución a gran escala na [[Galicia|comunidade autónoma galega]] dende [[2003]]. Mentres que a caza da especie non está permitida en moitas zonas, noutras, como en Gredos, só se usa como medio para controlar a súa poboación debido á escaseza de depredadores naturais. Estimacións do [[2006]] achegaron un censo que rolda os 400 exemplares en Galicia.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/07/16/4950005.shtml?idioma=galego A poboación de cabra montesa multiplicouse por sete nun decenio] lavozdegalicia.es. Introducida o 31/12/2010</ref> A maioría nos parques naturais da [[Baixa Limia-Serra do Xurés]] e no [[O Invernadeiro|Invernadeiro]], ambos os dous na [[provincia de Ourense]].
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
* [[Especies de Artiodactyla]]
 
=== Ligazóns externas ===
{{commonscat|Capra pyrenaica}}
{{wikispecies}}
* [http://www.faunaiberica.org/?page=cabra-montesa Fauna Ibérica: cabra montesa] Información sobre especies animais da Península Ibérica.
 
[[Categoría:Caprinos]]
[[Categoría:Fauna de Galicia]]
 
[[an:Capra pyrenaica]]
[[az:Capra pyrenaica]]
[[br:Kragvouc'h ar Pireneoù]]
[[ca:Cabra salvatge ibèrica]]
[[de:Iberiensteinbock]]
[[en:Spanish Ibex]]
[[es:Capra pyrenaica]]
[[eu:Piriniotar basahuntz]]
[[fr:Bouquetin d'Espagne]]
[[hu:Spanyol kőszáli kecske]]
[[it:Capra pyrenaica]]
[[lt:Ispaninis ožys]]
[[nl:Spaanse steenbok]]
[[sr:Иберијски козорог]]
[[sv:Iberisk stenbock]]